Seguimos a informarvos dos actos da semana da poesía con un vídeo de televinte no que se recolle un pequeno resumo do encontro cos poetas Verónica e Leonardo, así como unha entrevista con eles.
30.5.11
Semana da poesía
28.5.11
Semana da poesía
Do 30 de maio ao 3 de xuño celébrase a semana da poesía 2011. O vindeiro luns día 30 no salón de actos do instituto os poetas Leonardo Fernández Campo e Verónica Martínez Delgado, falarán sobre as súas obras. De 10:25 a 11:15 será para o alumnado e 1º de ESO, 2º B de ESO, 4º B de ESO e 1º A de BAC. De 12:35 a 13:25 para o resto de cursos.
![]() |
O Leo e Arremecághona |
![]() |
Verónica Martínez |
20.5.11
Salvando libros
Este é un traballo que xorde da colaboración de 96 bibliotecas escolares galegas. Aquí amosámosvos unha escolma dos libros salvados polos IES entre os que se atopa o noso centro. O noso agradecemento ás bibliotecas escolares do IES Luis Seoane de Pontevedra e da Escola Unitaria de Vide pola coordinación desta actividade.
12.5.11
Correlingua 2011
Vídeo de correlingua 2011, no que participaron os alumnos de 4º de ESO.(9-5-2011, Monforte de Lemos)
Televinte
Televinte
4.5.11
EU FALO GALEGO PORQUE...
Vídeo ganador do correlingua 2011 coordinado polo Equipo de Dinamización Lingüística do instituto FONTEM ALBEI (A Fonsagrada, Lugo)