28.9.11

Intercambio co Hjørring Gymnasium de Dinamarca

Xa se están ultimando os preparativos para o intercambio co Hjørring Gymnasium de Dinamarca que se levará a cabo entre os días 2 ao 12 de outubro. Neste intercambio participarán 20 alumnas e 7 alumnos do instituto danés que virán acompañados por profesorado do centro. Este alumnado ven a coñecer a zona tanto a nivel cultural como económico, polo que se desprazarán pola comarca e tamén aproveitarán a viaxe para coñecer distintos puntos da  comunidade autónoma.

22.9.11

Harry Potter y las Reliquias de la Muerte : parte I

Xa tes a túa disposición a primeira parte de "Harry Potter y las reliquias de la Muerte" é a penúltima película da saga de Harry Potter. Estreouse o 19 de novembro de 2010. Harry deberá por fin ao reinado de Lord Voldemort. No episodio final da saga, o feiticeiro de 17 anos parte xunto cos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley nunha perigosa viaxe por Inglaterra para encontrar os obxectos que conteñen os fragmentos da alma do Señor Tenebroso, os cales garanten a súa lonxevidade. Pero o camiño non será doado pois o lado escuro adquire máis poder con cada minuto que pasa e as lealdades serán postas a proba. Harry deberá usar todos os coñecementos que grazas a Dumbledore adquiriu sobre o seu inimigo para poder encontrar a forma de sobrevivir a esta última aventura.
Que a gocedes.


18.9.11

Chiken a la carte

Agora que empezamos o curso gustaríame que lle adicarades uns minutos a reflexionar despois de ver esta pequena curta de Ferdinand Dimadura. Agardo que non vos deixe indiferentes.

13.9.11

Fomento da lectura

Comezamos un curso novo e dende a biblioteca queremos inicialo da forma que nos parece máis axeitada, animándovos a ler con este fermoso vídeo.


E de balde  nas bibliotecas.