28.11.11

El otro barrio


Elvira Lindo, El otro barrio. Alfaguara.
  Neste libro de Elvira Lindo baséase a película do mesmo nome e que dirixiu Salvador García Ruiz.



  Un terrible suceso ocasiona a morte de dúas persoas e deixa malferidas outras dúas. No suceso está implicado un mozo de quince anos que se considera inocente. O azar xogoulle unha mala pasada e agora deberá pasar un tempo nun centro de menores.


25.11.11

Violencia de xénero

Neste día





Ármate de valor e chama.
Ante a violencia tolerancia cero.


24.11.11

Violencia de xénero

 25 de novembro  día internacional contra a violencia de xénero. Aquí podemos ver este vídeo de Porta "La bella y la bestia" que ilustra moi ben este gran problema da nosa sociedade.


20.11.11

Los escarabajos vuelan al atardecer

María Gripe,  Los escarabajos vuelan al atardecer. Ed. SM. Recomendado a partires de 13 anos.
Cando tres rapaces se fan cargo dunha casa deshabitada non se imaxinan o gran misterio que lles agarda no faiado, o que dará comezo a unha serie de intrigantes aventuras. Unha trepidante novela que transporta a un mundo de amores tráxicos e descubrimentos sorprendentes.

18.11.11

Sen palabras

     Ás veces sobran as palabras e esta unha delas.



16.11.11

Avatar

Avatar. (James Cameron)


        Ano 2154. Jake Sully, un ex-marine condenado a vivir nunha cadeira de rodas foi designado para ir a Pandora, onde algunhas empresas están a extraer un mineral estraño que podería resolver a crise enerxética da Terra. Para contrarrestar a toxicidade da atmosfera de Pandora, creouse o programa Avatar, grazas ao cal os humanos "condutores" manteñen as súas conciencias unidas a un avatar: un corpo biolóxico controlado de forma remota que pode sobrevivir no aire letal.

14.11.11

Club de lectura

     Este curso estase a poñer en marcha o club de lectura do IES Lama das Quendas de Chantada. É moi importante que vos animedes a participar, non vos roubará moito tempo pero si que vos dará a satisfacción de compartires cos outros compañeiros as impresións  do libro que se leu. Tentamos que se faga un club de lectura de profesores e se os pais/nais vos animades tamén nos gustaría facer un. Se tedes calquera dúbida sobre o funcionamento destes clubs de lectura podedes pasar polo centro e tentaremos aclarárvolas. Estase, tamén, buscando un nome e unha mascota para o club. As bases están publicadas nos taboleiros do centro e dende aquí animámosvos a participar. Para máis información entrade no blogue do club de lectura.

13.11.11

Alfagann es Flanagan

Jaume Ribera e Andreu Martín, Alfagann es Flanagan. Ed. Anaya. Recomendado a partir de 12 anos.

Unha compañeira de clase, do grupiño das Corpos Dez, desaparece. O pai da rapaza ofrécelle a Flanagan unha cantidade considerable de diñeiro para que descubra se a súa filla está ben. Nesta aventura, Flanagan enfróntase coa enérxica Blanca, é asediado por Vanesa e perseguido por un Charcheneguer disposto a converterse no seu mellor amigo. Asustado ao descubrir cousas que talvez tivese preferido non saber nunca, o único que lle faltaba era que o seu propio pai lle encargase outro caso.

9.11.11

No arms, No legs.

      Cres que tes algún defecto? Preocúpache a túa aparencia física? Pensas que todos son máis afortunados ca ti? Non fagas de pequenas cousas grandes problemas e fíxate como con gañas e con vontade se poden superar os problemas de verdade. Aconsello que vexades este pequeno vídeo e que reflexionedes sobre o importante que é a actitude ante a superación de grandes problemas. Agardo que despois de que o vexas  desapareceran esas cousiñas que ti chamas problemas e que afrontes a vida con máis optimismo e afán de superación.


7.11.11

La reina de los piratas

 Miguel Mª Astrain,La reina de los piratas. Ed. Oxford. Recomendado para máis de 12 anos.
      Isabel, orfa de nai e afeita a navegar xunto ao seu pai, foxe da abordaxe do cruel Brazo de Ferro e capitanea unha nave de auténticos filibusteiros. Coa súa intelixencia e a súa coraxe tratará de rescatar ao seu pai, prisioneiro do máis sanguinario pirata do Caribe. Pero, na súa aventura, Isabel non está soa; conta con tres aliados incondicionais, que, ademais, están perdidamente namorados dela.

6.11.11

El brazalete mágico

 Rocio Rueda. El brazalete mágico, Ed. Oxford.
Lara pasa as vacacións en Atenas para visitar o seu pai, que se encontra na cidade grega traballando nunha escavación. Facendo turismo, Lara entra nunha tenda de antigüidades na que un misterioso ancián lle regala un brazalete. Ese brazalete conectará a Lara cun dos segredos mellor gardados da humanidade, o da poderosa espada coa que loitou Alejandro Magno e con Elisa, unha das sacerdotisas de Atenea na antiga Grecia.

2.11.11

Nata y chocolate

Alicia Borrás Sanjurjo. Nata y chocolate . Anaya, 2010.
Un fermoso libro sobre a discriminación e o acoso escolar. Sonia é unha nena calada, triste e solitaria. A razón é que os seus compañeiros se meten con ela por ser albina; Lola mesmo a obriga a facerlle os deberes. Ninguén parece decatarse ata que unha nova profesora chega ao centro e decide cambiar a situación que vive Sonia.

1.11.11

Antimanual de filosofía

O libro de Michel Onfray, Antimanual de filosofía  trata cuestións que estruturan temas básicos dun curso de filosofía. Un manual no que directamente se reivindica a subxectividade do propio autor considerando que a obxectividade non existe. Por iso é moi probable que a subxectividade do lector se active, se vexa provocada e se enfronte á subxectividade do autor. Certamente, o libro contén afirmacións desafiadoras que conducen a unha toma de posición e reflexión persoais.

" Que é o home? ", " Como vivir xuntos? " e " Que podemos saber? " son as tres preguntas entorno ás cales se estrutura o libro. Agora ben, unhas preguntas xerais que conteñen apartados con subpreguntas como por exemplo: " Comestes nunca carne humana? ", " Por que o voso instituto está construído como un cárcere? ", " A policía existe por amargarnos a vida? " "Se tivésedes enganado ao(a) voso(a) noivo(a), diriádesllo? ". Estas preguntas e outras polo estilo, dan pé a falar sobre a natureza, a arte, a técnica, a liberdade, a conciencia, a razón... E a cada resposta, o autor incorpora unha selección de textos sobre o tema tratado.