16.12.11

A obsolescencia programada.

        Sabes o que é a obsolescencia? Sabías que os produtos de consumo duran cada vez menos deliberadamente?
        Non  te perdas este magnífico documental de Cosima Dannoritzer  ‘Comprar, tirar, comprar’  que nos mostra e intenta explicar a obsolescencia programada dos produtos de consumo. Foi recoñecido como MELLOR DOCUMENTAL pola Academia da Televisión , recibiu o premio especial Maeda no Festival Japan Prize e o Ondas Internacional de Televisión 2011


12.12.11

Gatos y leones

 Xosé A. Neira Cruz Gatos y leones. Ed. Oxford. Recomendado para + de 12 anos.

Polas vellas rúas e polas tranquilas canles de Venecia, móvense uns curiosos seres envolvidos en aires de misterio. Adoptan a forma de gatos, pero hai quen di que en realidade son leóns. Todos teñen un segredo que contar, unha historia que pode chegar, enviada polo mar, a calquera das nosas praias dentro dunha botella de cristal.

9.12.11

Be happy!

            Para subir un pouquiño a moral e darvos ánimo.

5.12.11

Kenitra


Roca Perich, Maria Merc. Kenitra. Anaya. A partires de 14 anos
Adrià encontra a súa avoa paterna morta no salón da súa casa. A primeira impresión que nos seus quince anos produce este macabro descubrimento transfórmase na esperanza de reencontrarse co seu pai, que abandonou á familia hai unha década. Ao non aparecer no enterro, o mozo sente unha necesidade irrefreable de buscalo, coñecelo e saber por que marchou; uns sentimentos que negou todos estes anos. A súa nai revélalle que o seu pai vive en Kenitra, un porto fluvial de Marrocos, e o mozo viaxará ata alí traballando como axudante de cociña nun buque de carga.