31.1.12
Operación Boewulf
Eloy Cebrián, Operación Boewulf, Ed. Oxford. + de 14 anos
Ambientada nos meses nos que a aviación nazi bombardeou Londres de xeito intenso e constante buscando a rendición de Gran Bretaña durante a Segunda Guerra Mundial, unha parella de mozos -unha rapaza inglesa e un mozo austríaco- inicia unha investigación nos pasadizos que apareceron tras o derrubamento dun túnel do metro. A busca conduciraos ao descubrimento dunhas ruínas prerromanas o cal desatará unha divertida aventura para os dous, cun final inesperado, pero feliz.
30.1.12
Violencia de xénero
Videoclip subido por esepologaga e composto por varias escenas de violencia de xénero conseguidas de anuncio e anuncios publicitarios, películas e series... Están unidas cunha orde lóxica seguindo o guión da canción (A bela e a besta de Porta) que se escoita de fondo.
28.1.12
Cuentos y leyendas del caribe
Rafael, Luis. Cuentos y leyendas del caribe. Anaya. E.S.O. e Bacharelato.
As Antillas, grazas ás achegas das decenas de pobos que pasaron por elas, é unha das zonas do mundo que posúen un caudal moito máis prezado que o ouro tan perseguido por conquistadores, colonizadores e piratas: o da riqueza dos seus innumerables mitos e lendas. En definitiva, o caudal desa mestura de realidade e ficción que fan ao Novo Mundo fillo e froito do real e do marabilloso.
27.1.12
O carteiro de Bagdad
O carteiro de Bagdad, Marcos S. Calveiro. (2007) Ed. Tambre. Máis de 10 anos.
Novela gañadora do XVIII Premio Ala Delta de Literatura Infantil.
Estamos en Bagdad, a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos de As mil e unha noites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado. A xente vive vixiando o ceo, as escolas pecharon e os nenos xa non xogan nas rúas. Alleo a todo, Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta. No peto leva unha misteriosa carta que se propuxo entregar custe o que custe.
24.1.12
El puente de los Asesinos
Arturo Pérez-Reverte, El puente de los Asesinos, Alfaguara 2011.
A Alatriste ordénanlle intervir nunha conxura crucial para a coroa española: un golpe de man en Venecia para asasinar ao dogo durante a misa de Nadal, e impoñer pola forza un goberno favorable á corte do rei católico nese estado de Italia.
23.1.12
Íntimos secretos
.
Bandera, M.ª Carmen de la. Intimos secretos. Anaya. A partir de 12 anos
Este é o diario de Marta, unha adolescente tímida e introvertida con problemas de autoestima, de comunicación cos demais e de relación cos seus pais. Cohibida pola súa gordura, séntese rexeitada e ridiculizada por todos. A través das súas páxinas, descubrimos os seus máis íntimos segredos e somos testemuñas da súa transformación.
20.1.12
Números pares, impares e idiotas.
Números pares, impares e idiotas. Juan José Millás. (2009) SM.
Un libro que conta coas ilustracións de Antonio Fraguas << Forges>> e que nos introduce no mundo dos números que é tan complicado, incomprensible e cheo de prexuízos como o dos humanos. Os números viven nunha escuridade terrible respecto de si mesmos, e foxen dos matemáticos como da peste, por medo a ser sumados, restados, multiplicados. E ademais quéixanse de ter sempre números máis altos e máis fortes por riba.
18.1.12
Violencia de xénero
Dende a biblioteca non queremos deixar de insistir na concienciación sobre este grave problema .
Accesit na modalidade de microvideos "Concurso de fotografía dixital e microvídeos, 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Organizado pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller.

16.1.12
El abrazo de la muerte
El abrazo de la muerte , CONCHA MARTÍNEZ NARVÁEZ e MARÍA SALMERÓN LÓPEZ. Ed. Anaya (2011). Máis de 12 anos.
Tres historias de medo compoñen este libro que nos farán tremer mentres nos somerxemos nos seus escuros ambientes. Un cemiterio, un hostal e unha vella casa grande serán os escenarios destes relatos que nos acelerarán o corazón e farán que nos xiremos inquedos cando creamos ver unha sombra ás nosas costas.

12.1.12
La música del viento
La música del viento, Jordi Sierra i Fabra. Ed. Planeta.
Un xornalista encontra nunha alfombra traída de India unha mensaxe do neno que a teceu. É unha petición de socorro, un berro desesperado, e non pode permanecer alleo a el. Aínda que millóns de nenos son explotados no mundo, a mensaxe ten un nome, Iqbal, e unha procedencia: a cidade de Madurai. Unha viaxe á tenda onde foi comprada a alfombra enfrontará o protagonista coa realidade dos nenos escravos que son vendidos polos seus propios pais. Iqbal morreu hai tempo, pero no seu lugar segue habendo nenos escravos, igual ca el. O protagonista deberá decidir que pode facer un occidental ante o descoñecido e nun mundo que permite a escravitude infantil. Fiel aos seus principios, rescatará nove nenos que representan a Iqbal. O insólito desenlace da historia, cheo de forza e coraxe, é un canto á esperanza ante o gran reto da sociedade de erradicar definitivamente a explotación infantil.

9.1.12
El discurso del rey
El discurso del rey (The King's Speech ). Tom Hooper. (2010). Todos os públicos.
Foi candidata a catorce premios BAFTA, dos que gañou sete, incluíndo mellor película; conseguiu doce candidaturas aos Oscar, dos que gañou catro, incluíndo Mellor Película, Mellor Director e Mellor Actor.
Baseada en feitos reais, a morte de Jorge V e a abdicación do seu fillo, Eduardo VIII, deixan o trono de Inglaterra en mans de Bertie, fillo de un e irmán do outro. Coroado co nome de Jorge VI, empeza a reinar nun momento no que a súa nación necesita un líder, pero o novo monarca ten un problema de tartamudez que o fai parecer débil. Co apoio da súa esposa e do mesmo Winston Churchill, o rei prepárase cun excéntrico logopeda para pronunciar o discurso que una ao país na batalla.

6.1.12
Emigrantes
Shaun Tan, Emigrantes. Barbara Fiore Editora
Que é o que leva a tanta xente a deixalo todo atrás para viaxar cara a un país descoñecido, un lugar no que non teñen familia nin amigos, onde nada ten nome e o futuro é unha incógnita? Esta novela gráfica sen palabras é a historia de calquera emigrante, refuxiado, desprazado,e unha homenaxe a todos os que realizaron a viaxe.