29.4.12

La maldición del arquero

Joan Manuel Gisbert, La maldición del arquero. Planeta lector. Más de 10 anos.2010(Castelán).

     Arno emprende unha viaxe cara a Corte que non esquecerá e que determina a súa vida para sempre. O protagonista tópase con peregrinos, quincalleiros, monxes, unha bruxa, un mendigo, baróns, un Rei eremita, unha nena santa e unha ave sagrada. Esta aventura cambia o destino de Arno, que se ve involucrado en intrigas sobre o poder de Turania, o seu país de orixe.

26.4.12

El niño del pijama de rayas

El niño del pijama de rayas,  Mark Herman .2008


Berlín, 1942. Bruno, de oito anos, é o fillo mimado dun oficial nazi. Ao ascender o seu pai, a familia vese obrigada a abandonar a súa confortable casa de Berlín e trasladarse a unha zona illada onde o solitario pequeno non ten nada que facer nin ninguén con quen xogar. Morto de aburrimento e atraído pola curiosidade, Bruno fai caso omiso ao que a súa nai lle di. Non debe ir máis alá do xardín baixo ningunha circunstancia. Pero el non lle fai caso e diríxese cara á 'granxa' que enxergou na distancia. Alí coñece a Shmuel, un rapaz da súa idade que vive unha estraña e paralela existencia ao outro lado dun aramado. O encontro de Bruno co rapaz do pixama de raias lévao a internarse da forma máis inocente no mundo de adultos que lles rodea.

24.4.12

Mercado do libro de segunda man

          Para festexar o dia do libro durante esta semana faremos o mercado de libros de segunda man, aquí tedes o tratamento que fixo televinte da noticia.



22.4.12

Mortos de ningures

Pereledi é o acrónimo co que os escritores Pere Tobaruela e Ledicia Costas asinan Mortos de Ningures. Everest. 2011.

20.4.12

Campaña de fomento da lectura en televinte

A campaña de fomento da lectura " E ti...?" que foi promovida pola biblioteca do IES Lama das Quendas foi presentada en Televinte e emitirase durante a semana do libro por esta canle. Aquí tedes o tratamento que fixo da noticia a televisión local.

.

A noite das cabras no aire

Iglesias B. A noite das cabras no aire. Xerais. De 13 anos en diante. Premio Merlín de Literatura Infantil, 1999.
         Chisco, un rapaz amigo dos telefilmes e de xogar ó futbolín nos bares, colle o coche de liña para acudir á Casa do Páramo, onde vai pasar uns días cos parentes montañeses. Da cidade ás serras hai escasas decenas de quilómetros, pero media unta distancia de eóns de tempo. Moran alí, hivernados nas covas e florestas do país traseiro, seres medoños que agardan desde as idades escuras o momento de micar o vigor do sangue e o pulso da vida. Esperan a que os convoque a imprudencia e a ambición humana para saciar os seus apetitos horrísonos. Con estas potencias do abismo debe lidar o noso heroe.

18.4.12

Mercado de libros de segunda man

O Club de Lectura deste centro, A Quenda do Libro, en colaboración coa biblioteca, promove un mercado de libros de segunda man que terá lugar na semana que vai dende o 23 ao 27 de abril, como unha forma máis de conmemorar o Día do Libro.
 O funcionamento desta actividade é o que segue: ata o día 23 de abril, tanto o alumnado como o profesorado ou calquera outra persoa vencellada a este centro educativo irá achegando libros que xa non utilicen (en galego ou castelán, tamén en inglés, francés ou portugués), pero que estean en bon estado e poidan resultar de interese para outras persoas; no caso dos rapaces, cada obra que entreguen cambiaráselles por un vale de compra; no caso dos adultos, as doazóns serán totalmente desinteresadas.
Despois, durante os días sinalados, durante o recreo, algúns alumno/as que habitualmente colaboran no Club de Lectura atenderán o lugar de venda de libros, acompañados por un profesor/a. O prezo dos libros é simbólico (será o mesmo para todos, un euro ou un vale de compra, no caso dos estudiantes que doaron libros): o que se pretende é que a maioría do alumnado se anime a mercar algún libro. O profesorado tamén pode intervir como comprador, pero o obxectivo é que o alumnado leve libros –por iso o prezo é só dun euro.
Dende a biblioteca animámosvos a participar neste mercado, tanto doando libros como mercándoos.

17.4.12

Os piratas da illa da esperanza

Rivadulla Corcón, X. H. Os piratas da illa da esperanza. Xerais. Máis de 11 anos. Premio Frei Martín Sarmiento 2010 (categoría 6º primaria a 2º ESO)
A Illa do Tesouro é o libro máis especial para os cinco membros do Club de Lectura Pedra dos Corvos. Cando coñecen ao Vagabundo, un vello e nobre navegante, que se convertirá en un amigo máis da panda, vivirán unha arriscada aventura que os levará a embarcarse no Praia de Quenxe para procurar un tesouro na illa da Esperanza e a enfrontarse a un situación tan inesperada coma dolorosa. Unha emocionante novela de temática mariñeira de X.H. Rivadulla Corcón, ilustrada por Adrián Solleiro, sobre a lealtade e a amizade, que convida a unha engaiolante lectura.

16.4.12

Bakuman 1

           Os amantes do cómic manga xa podedes gozar de Bakuman, debuxado por Takeshi Obata e con guión de Tsugumi Ohba. Norma editorial.

      Moitos son os que soñan con converterse en debuxantes de manga, pero non só se consegue
 a base de ilusión: necesítase perseveranza, traballo duro... e un chisco de sorte. Moritaka e Takagi decidiron ir a por todas, e apostalo todo para conseguir publicar en... a Shonen Jump, a revista de manga máis famosa do mundo!

13.4.12

kepa y Voro-Violencia de género

Unha canción de Kepa e Voro en contra da violencia de xenero.


10.4.12

Encontro con Alfonso Eiré

Despois do encontro organizado pola biblioteca que tivo o alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de BAC co escritor e xornalista chantadino Alfonso Eiré no que nos falou do mundo do fútbol e nos presentou o seu último libro " o penalti de Fuco", póñovos unhas instantáneas do momento.

9.4.12

O penalti de Fuco

Alfonso Eiré , O penalti de Fuco. Baía. 2012
          A sinalización de un penalti na final da Copa do Rei, que se xoga no Bernabeu entre o Real Madrid e o FC Barcelona, é a escusa que lle serve de base a Alfonso Eiré para facer unha análise de todo o que rodea ao mundo do fútbol. Estas reflexións están feitas baixo a mirada de un pai, amante do fútbol, ante o seu fillo que é o porteiro que tentará parar o penalti. Un libro moi recomendable para os amantes do fútbol.

7.4.12

Encontro con Alfonso Eiré

Alfonso Eiré presentou o seu último libro " O penalti de Fuco" nun acto organizado pola biblioteca do IES Lama das Quendas. Aquí tedes a reportaxe que sobre o evento fixo televinte.