16.12.12
Lecturas recomendadas para o Nadal
Chega o Nadal e que mellor ocasión para poder gozar da lectura! Dende a biblioteca do IES Lama das Quendas en colaboración cos departamentos de Lengua y Literatura Castellana,Lingua e Literatura Galega e Francés queremos recomendarvos unhas lecturas que agardamos sexan do voso interese.
Tamén queremos desexarvos un BO NADAL, un Nadal de libros e que lembredes que non hai mellor agasallo que un libro.
14.12.12
Intocable
Intocable (2011)
Olivier Nakache, Eric Toledano
François Cluzet, Omar Sy, Anne Le Ny, Audrey Fleurot, Clotilde Mollet, Joséphine de Meaux
Philippe, un aristócrata que se quedou tetrapléxico a causa dun accidente de parapente, contrata como coidador a domicilio a Driss, un inmigrante dun barrio marxinal recén saído do cárcere. Aínda que, á primeira vista, non parece a persoa máis indicada, os dous rematan logrando que convivan Vivaldi e Earth Wind and Fire, a elocuencia e a hilaridade, os traxes de etiqueta e o chándal. Dous mundos enfrontados que, pouco a pouco, conxenían ata forxar unha amizade tan disparatada, divertida e sólida como inesperada, unha relación única na súa especie da que saltan faíscas.
INTOCABLE (Tráiler Oficial España "Intouchables") from A Contracorriente Films on Vimeo.
12.12.12
ROCAS Y MINERALES
ROCAS Y MINERALES Manual de Identificación. Chris Pellant
Esta guía visual permite identificar as diferentes rochas e minerais, mediante descricións, fotografías a toda cor e táboas. Os minerais pódense identificar, ademais, mediante probas que se sinalan ao finalizar a descrición de cada un.
E agora a usala.
11.12.12
Donde esté mi corazón
Donde esté mi corazón. Jordi Sierra i Fabra. Periscopio (edebé). Literatura xuvenil en castelán.
A vida de Montse cambiou por completo: un feito imprevisible sacudiu os seus alicerces. Estivo ás portas da morte, pero venceu, aínda que o prezo é moi duro. Agora na súa vida hai un antes e un despois. E mentres trata de recuperar o seu sorriso, aparece Sergio, a esperanza. Talvez, o amor.

9.12.12
Muerte en el priorato.
Muerte en el priorato. Toti Martínez de Lezea . A partir de 12 anos. Alfaguara. Castelán,
Un rapaz ao que suspenderon un par de materias en verán debe ir cos seus tíos en agosto á vila a estudar. Non sospeita o que alí, nesa casa rural aparentemente tranquila, vai encontrar: unha serie de asasinatos difíciles de resolver nos que el e os seus amigos se verán exercendo de novos detectives. Unha novela de suspense como as mellores de Agatha Christie
5.12.12
Éxito da xuntanza do club de lectura
Segue a gran participación no club de lectura, aquí podedes ver a xuntanza dos alumnos de 1º de ESO que se fixo o día catro de decembro na que se comentaron os libros "Palabras de caramelo" e "La cazadora de Indiana Jones".
Agardamos que as seguintes reunións sigan sendo tan numerosas coma esta e lembrade que nunca é tarde para comezar a ler e incorporarse a calquera das seccións do club de lectura. Se queredes máis novas sobre este encontro entrade no blog do club de lectura A quenda do libro.
4.12.12
El secreto del César
El secreto del César. Rocío Rueda. El árbol de la lectura (Oxford). 2012. Literatura xuvenil en castelán.
Fabio é un escravo romano cuxo corazón se encontra dividido entre a súa admiración por César, e o seu odio a Roma. O día que asasinan a César, Fabio vese obrigado a fuxir para salvar a súa vida. O azar une o seu destino ao de Tais, unha nova sacerdotisa de Vesta que mantén oculta a súa identidade para poder cumprir unha misión tan importante como arriscada. Xuntos enfrontaranse a numerosos perigos para protexer o testamento de César e entregarllo ao seu destinatario, sen saber que aquel documento non só representa o futuro de Roma senón que contén un segredo polo que a súa vida sempre estará unida á do emperador.

2.12.12
El puente de los cerezos
El puente de los cerezos. Blanca Álvarez. Anaya. A partir de 12 anos. Castelán.
Unha rapaza chinesa namórase dun compañeiro de clase, o seu pai decide recluíla nun pequeno pobo nas montañas, durante un ano, pasado ese tempo se o seu amor polo mozo perdura, permitirá que casen. Durante esa estanza na casa da súa avoa a moza descubrirá non só as tradicións do mundo rural, que despreza, senón a linguaxe secreta que as mulleres crearon para escapar das prohibicións dos home.
Un libro, cheo de contos, dunha beleza extraordinaria e unha prosa coidada e elegante.