31.5.13
Remata o mes das Letras Galegas
Remata o mes das Letras Galegas cos dous últimos poemas, esta vez poñen as súas voces Irene Moncada de 3º e Yanira Vigo de ESA. Agardamos que este non sexa o fin dun mes das letras senón o principio dun ano no que nos sintamos orgullosos de usar a nosa lingua.
30.5.13
Penúltimo día de poemas
No penúltimo día do mes das letras galegas temos o poema "Adiós ríos, adiós fontes" Nas voces de Xabier Sánchez de 4º de ESO e Tamara Vázquez de ESA.
29.5.13
Trío de voces
A piques de rematar o mes das letras galegas podedes escoitar un trío de voces que nos recitan os poemas de Rosalía. Hoxe tócalles o turno a: Miriam Méndez, Pablo Gómez de 4º e Estefanía Cudeiro de 2º de ESO.
28.5.13
Dúas novas voces no mes das letras
Como aínda nos faltan algúns voluntarios por recitar e o mes está a piques de rematar hoxe temos nova sesión nas voces de:Darío Eiré de 2º e de Ana Doval de 1º de ESO.
27.5.13
Última semana do mes das letras
Entrando na última semana do mes de maio seguimos escoitando os poemas que nos ofrecen Rafael Cervelo e David González de 1º de ESO.
Bakuman 3
Bakuman 3.Tsugumi Ohba, Takeshi Obata. Norma editorial (2011)
¡SIGUE DISFRUTANDO DE OBHA Y OBATA, EL MEJOR TÁNDEM DE MANGAKAS DE NUESTROS TIEMPOS! A pesar de las difi cultades, Saiko y Shujin dan pasos de gigante para cumplir su sueño: consiguen publicar en la Akamaru Jump, y parece que su editor cree que tienen posibilidades de convertirse en profesionales. La competencia es feroz, y su principal rival, Eiji Niizuma , sigue escalando posiciones...
24.5.13
Poemas para o fin de semana
Xa metidos no fin de semana que mellor maneira de descansar que escoitando a Lucía Mirás, Marisol Regueira e Lucía Fernández de 3º de ESO recitando a Rosalía.
Blancanieves
Blancanieves de Pablo Berger.(2013)
Versión libre, de carácter gótico, do popular conto dos irmáns Grimm, que foi ambientada en España durante os anos 20. Blancanieves é Carmen, unha bela moza cunha infancia atormentada pola súa terrible madrasta Encarna. Fuxindo do seu pasado, Carmen emprenderá unha apaixonante viaxe acompañada polos seus novos amigos: unha troupe de Ananos Toreros.
Versión libre, de carácter gótico, do popular conto dos irmáns Grimm, que foi ambientada en España durante os anos 20. Blancanieves é Carmen, unha bela moza cunha infancia atormentada pola súa terrible madrasta Encarna. Fuxindo do seu pasado, Carmen emprenderá unha apaixonante viaxe acompañada polos seus novos amigos: unha troupe de Ananos Toreros.
23.5.13
Máis poemas no mes das letras
Para que sigades póndolle uns poemas á vosa vida , escoitade a Evelyn, Lidia e Manuel Gómez de 2º de ESO.
22.5.13
Continuamos co mes das letras
Continuamos celebrando o mes das Letras Galegas con poemas de Rosalía, como a oferta foi tanta hoxe ofrecemosvos tres poesías da man de Amelia Ledo, Helena Mendes e de Fabio Centeio todos eles de ESA.
Seguimos co mes das letras
Hoxe tócalle o turno a Rosana López e Ignacio Meijide de 4º de ESO. que por un erro no blog sae con un día de retraso.
20.5.13
Nós seguimos coas letras
Aínda que xa pasou o Día das Letras Galegas, nos seguimos a ofrecervos outros dous poemas nas voces de Laura Rey, María Vázquez e Pilar Diéguez de 2º de ESO.
O gardián invisible
O gardián invisible
Dolores Redondo Meira .
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA. XERAIS
Dolores Redondo Meira, unha autora navarra de ascendencia galega, constrúe en O gardián invisible, a súa segunda novela, un thriller orixinalísimo onde se mestura a investigación policial e científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras. A inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral, investiga o asasinato dunha adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha mesta fraga. O asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa identidade e a investigación acaba por conducir a inspectora a Elizondo, a súa vila natal, onde se ve obrigada a se enfrontar ao seu pasado. Unha novela vibrante, que deixa sen alento a quen a le. O gardián invisible de Dolores Redondo, editada en trece linguas: francés, alemán, inglés, turco, castelán, italiano, catalán, portugués do Brasil, noruegués, holandés, euskera, grego e galego, lánzase a nivel mundial neste mes de xaneiro de 2013. Están xa vendidos os dereitos cinematográficos a Nadcon Films para unha película que vai ser dirixida por Peter Nadermann.
16.5.13
Véspera das letras galegas
Mañá e o día das letras galegas e para irvos preparando podedes escoitar estes dous poemas da man de Andrea Souto e de Verónica García de 2º de ESO.
15.5.13
Achégase o día das letras galegas
Hoxe ofrecémosvos outros dous poemas de Rosalía nas voces de Sandra Caseiro e Santiago Amorín de 2º de ESO.
Vento galerno
Vento galerno
Antonio Yáñez Casal
INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO. XERAIS
O vento e a corrente levaron mar adentro a chalana na que Miro quedou durmido. Cando espertou, o mozo comprendeu a súa situación de náufrago desorientado que, mentres agardaba ser rescatado, notaba o estómago máis e máis encollido. Tras dous días e as súas longas noites loitando contra a sede, cando preparaba a súa cana para unha nova lanzada, algo lle chamou a atención no horizonte. Aló, na parte máis baixa do ceo, confundíndose coas nubes, pareceulle ver terra. Aquilo fixo que Miro anovase a confianza no futuro.
14.5.13
Semana das letras, 14 de maio
Seguimo acercandonos ao 17 de maio con duas novas voces interpretando a Rosalía, nesta ocasión son Alberto Amarante e Yoo-Jin de 1º de ESO
13 de maio
Con un pouco de retraso por motivos teécnicos e entrándo na semana das letras podemos escoitar un poema na voz de Lucas Ledo de 1º de ESO.
10.5.13
Mes das letras, 10 de maio
Rematamos a semana con ración doble de poemas nas voces de Daniel Otero e de Andrea García de 4º de ESO.
Nubes de evolución
Nubes de evolución
Andrea Maceiras Lafuente
INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOG. XERAIS
Sempre vai frío na estación de autobuses. Aquel frío que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun ano, todo o que alí lle aconteceu. Aquel frío que persegue a Uxío, o rapaz louro, que pasa camiño do adestramento, desacougado tras a perda da moza e o divorcio dos seus pais. Aquel frío que atenaza a Luís, o home do paraugas, o profesor de instituto, afundido na soidade, que agarda polo seu autobús. As vidas dos tres cruzaranse cando Amanda teña que limpar unha pintada nunha das plataformas de chegadas: «WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?».
9.5.13
8.5.13
Canciones para Paula
Canciones para Paula de Blue Jeans: (2009)
Ata onde estarías disposto a chegar por amor? Pode aguantalo a amizade todo?Amor, desamor, enredos, mentiras, traizóns... e moita música!! Unha canción para cada momento e unha banda sonora que non poderás deixar de cantar ¡ BERRA QUE ME QUERES!!
Descobre por que CPP é a novela de moda nas redes e a mellor valorada polos blogs de lectura xuvenil e engánchate á historia máis romántica que te manterá sen pestanexar ata o final!!!
7.5.13
Cuarto recitado
Xa podemos escoitar o cuarto recitado do me das letras galegas. Esta vez na voz de Jorge e José Luis.
6.5.13
Un novo poema
Un novo poema para comezar a semana, esta vez Mariana Vázquez de 1º de ESO lenos un anaquiño de Campanas de Bastabales
El futuro robado
El futuro robado. Ramón Caride. Sopa de letras, Anaya. Castelán (2011)
Sheila e Said viven nesta ocasión a súa aventura máis arriscada. A súa amiga Irina visítaos no seu muíño e descobre que desapareceron misteriosamente. Que lles puido pasar? Said e Sheila viaxaron no tempo e teñen que enfrontarse a un poderoso grupo que, por intereses económicos, están dispostos a destruír unha importante zona de costa, sen importarlles os estragos ecolóxicos ou culturais que poden producirse.
Sheila e Said viven nesta ocasión a súa aventura máis arriscada. A súa amiga Irina visítaos no seu muíño e descobre que desapareceron misteriosamente. Que lles puido pasar? Said e Sheila viaxaron no tempo e teñen que enfrontarse a un poderoso grupo que, por intereses económicos, están dispostos a destruír unha importante zona de costa, sen importarlles os estragos ecolóxicos ou culturais que poden producirse.
3.5.13
2.5.13
Mes das Letras Galegas
Mes das Letras Galegas
Hoxe comezamos o mes das Letras Galegas e, para celebralo, o club de lectura "A Quenda do Libro" e a Biblioteca do IES Lama das Quendas, queremos agasallarvos diariamente con un poema de Rosalía de Castro que neste ano se cumpre o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Os poemas serán lidos por alumnado de distintos cursos do noso centro. Asemade, e para darlle a maior visibilidade a esta actividade, estes poemas serán difundidos en Televinte que colabora nesta actividade de difusión cultural.
Esta é a presentación da campaña e o primeiro dos recitados.
Hoxe comezamos o mes das Letras Galegas e, para celebralo, o club de lectura "A Quenda do Libro" e a Biblioteca do IES Lama das Quendas, queremos agasallarvos diariamente con un poema de Rosalía de Castro que neste ano se cumpre o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Os poemas serán lidos por alumnado de distintos cursos do noso centro. Asemade, e para darlle a maior visibilidade a esta actividade, estes poemas serán difundidos en Televinte que colabora nesta actividade de difusión cultural.
Esta é a presentación da campaña e o primeiro dos recitados.
Costa do Solpor
Costa do Solpor
Xosé Mª Lema
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA. XERAIS
Unha novela de aventuras de mar e de terra con batallas navais, abordaxes, tétricas escenas de terror e tenras de amor, senlleiros personaxes lendarios e reais –un náufrago desmemoriado, un crego sabio e revolucionario, un fidalgo reformista...– e unha vila maldita que conforman a iconografía histórica da galega Costa do Solpor. A novela está ambientada na Galicia rural e urbana de mediados do século XVIII, facéndonos partícipes das angueiras da vida cotiá daqueles anos. Costa do Solpor comeza cun manuscrito onde un descoñecido escritor británico de finais do século XIX narra as peripecias da viaxe de volta dunha misteriosa goleta inglesa cargada cun fabuloso tesouro. Tras unha cruenta loita cuns piratas nunha illa atlántica, a goleta regresa ao punto de partida, o porto de Bristol, pero unha tormenta obrígaa a buscar refuxio nunha ría da Costa do Solpor. Un membro da Confraría da Man Morta, decatándose da importancia da carga, marcha a uña de cabalo á cidade da Coruña e avisa o capitán dun bergantín pirata fondeado cun nome de conveniencia neste porto. O bergantín sairá ao encontro da goleta coa intención de lle incautar o tesouro. Logo da abordaxe, o grumete da goleta logra salvarse gañando a costa a nado. Os piratas perseguirano a morte pero o rapaz inglés farase amigo dun mozo e dunha moza da beiramar e tratarán, xuntos, de liberar a goleta e salvar os seus tripulantes dunha morte certa. Costa do Solpor foi finalista do Premio Xerais de Novela 2011.