Un ano máis achegámosvos as nosas suxestión para estas datas de Nadal. Agardamos que vos animedes a ler un libro ou ver unha película porque as vacacións dan para todo.
Dende a biblioteca desexámosvos
unhas boas festas.
18.12.13
17.12.13
Gañadora de Relatos con Banda Sonora
Presentámosvos o relato gañador da ediciòn deste ano de Relatos con Banda Sonora.
Parabéns á gañadora.
Parabéns á gañadora.
Ámote Leo A. Destino Xalundes
Ámote Leo A. Destino Xalundes
Rosa Aneiros. INFANTIL E XUVENIL. Xerais (2013)
Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro fai oídos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin día máis nin día menos. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fascinantes no que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados: Ámote Leo A. Quen estará detrás da misteriosa mensaxe? Será algún dos membros da extravagante tropa de Ruth á que se arrima en Barcelona? Inicia así unha engaiolante triloxía na que Leo deberá resolver estas e outras incógnitas que lle deparará o camiño, para descubrir que as cousas non sempre son como as soñamos. Ás veces resultan moito mellores.
16.12.13
Cadeas
A obra gañadora do último premio xerais de novela.
Cadeas de Xabier López López. NARRATIVA. Xerais-2013
Nun porto afastado, Manuel Antonio mantén unha fermosa historia de amor cunha sorprendente muller á que coñeceu grazas a un estraño navegante chamado Joseph Conrad. Un rapaz de 15 anos relata a época en que os veraneantes madrileños eran o punto de todas as olladas e desexos da súa vila. Dous grupos de mozos provocan unha trifulca durante unhas festas patronais ao inicio da Transición. O músico dunha orquestra e a camareira dun ambigú establecen unha engaiolante historia de amor... Cadeas é unha novela de novelas. Un baúl de historias que denotan unha prodixiosa capacidade para fabular, para recrear, para imaxinar. A novela iníciase a partir da anécdota dun escritor que descobre na praia unha muller nova que le unha novela súa. Entre ambos os dous establécese unha curiosa e incómoda relación que nos conduce a un debate sobre a identidade do que é ou non é hoxe unha novela. Desde o fragmentarismo dun narrador que ás veces é pop e ás veces é culto, Cadeas paséanos por diferentes atmosferas, rexistros e historias con gran sentido do humor e cunha áxil ironía. Esta é a novela dun ventrílocuo, alguén capaz de enredarnos a través de diversos xogos textuais que pretenden evidenciar para o narrador a imposibilidade de contar, problematizando as dificultades da escrita.
13.12.13
Legado nos ósos
Legado nos ósos
Dolores Redondo Meira (Autora)
Ramón Nicolás (Tradutor/a)
Narrativa. Xerais (2013)
Logo do rotundo éxito de «O gardián invisible», Dolores Redondo ofrécenos agora o segundo volume da súa triloxía ambientada no val do Baztán e protagonizada pola inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral de Navarra. O xuízo contra o padrasto da moza Johana Márquez está a piques de comezar. A el asiste unha embarazada Amaia Salazar, que un ano atrás resolvera os crimes do chamado «basajaun», que sementaron de terror o val do Baztán. Amaia tamén reunira as probas inculpatorias contra Jasón Medina, que imitando o modus operandi do «basajaun» asasinou, violou e mutilou a Johana, a filla adolescente da súa muller. De súpeto, o xuíz anuncia que o xuízo debe cancelarse: o acusado acaba de suicidarse nos baños do xulgado. Ante a expectación e o enfado que a noticia provoca entre os asistentes, Amaia é reclamada pola policía: o acusado deixou unha nota suicida dirixida á inspectora, unha nota que contén unha inquietante mensaxe: «Tarttalo». Cunha soa palabra destaparase unha trama sobrecolledora que envolve a inspectora até un trepidante e emotivo final.
11.12.13
Finalistas de Relatos con Banda Sonora
Aquí tedes aos tres finalistas de Relatos con Banda Sonora do 2013. A partir de mañá ,12 de decembro, e ata 17 xa podedes votar polo voso favorito.
10.12.13
O anxo de Eva
Xa podedes ler a última novela de Marina mayoral.
O anxo de Eva
de Marina Mayoral NARRATIVA. Xerais (2013).
Unha nena moi lista, un mozo belísimo con ás de anxo, unha nai abrumada e abrumante, un pai engaiolador e un tanto viraventos, unha amiga que lle está aprendendo a bicar con lingua, un irmán ateo, unha avoa que fala co marido morto. Un ático fronte ao mar e longas e cálidas noites dun verán no que a nena comeza a ser muller... O amor, a morte, o Alén, os grandes temas de sempre; personaxes cheos de humanidade e un sentido do humor característico. Marina Mayoral, herdeira dunha tradición literaria galega que vai de Rosalía a Cunqueiro, ofrécenos con O anxo de Eva unha das súas novelas máis logradas e de engaiolante lectura.
9.12.13
Os fillos do mar
Os fillos do
mar
Pedro Feijoo Barreiro. Narrativa. Xerais (2012)
5ª Edición - Finalista Premio Xerais 2011 - Premio Literario ''Arcebispo Juan de San Clemente'' 2013
Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado. Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias. A partir de aquí, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamén parece estar envolta a familia da muller morta.Novela de aventuras, novela de intriga, escrita con ton humorístico, a acción de Os fillos do mar condúcenos detalladamente a través do Vigo de hoxe, cidade que en boa medida protagoniza tamén a novela. Ao tempo, a trama cóbrese cun atractivo pano histórico que nos conduce ata 1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa tamén os seus elos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo alemán.Os fillos do mar é unha novela trepidante, que viaxa constantemente no tempo para atopar as claves dun presente que o protagonista precisa desvelar.
6.12.13
¿Por que leer?
Aquí tedes o vídeo feito por Sebastian un alumno do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo para animar á lectura. Merece a pena velo.
5.12.13
Poderosa 2
Poderosa 2
Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man
Sérgio Klein. Mercedes Pacheco Vázquez (Tradutora)
FÓRA DE XOGO (2009)
Todo o que escribe coa man esquerda convértese en realidade, e isto fai que Joana Dalva sexa unha persoa , moi especial. Como debe usar ese poder para curar a súa avoa?, como axudar a unha amiga a curarse da anorexia?, ou, como escapar dun secuestro? Estes son algúns dos desafíos que «a rapaza que ten o mundo na man» relata no seu diario. Neste segundo título da serie, Sérgio Klein adéntrase no complexo mundo da adolescencia e nos embarca na aventura de descubrilo.Poderosa 2 constitúe a segunda entrega a serie Poderosa, iniciada o pasado ano con grande éxito dentro da colección Fóra de Xogo. Un diario, como a primeiro, protagonizado por unha rapaza que tiña o mundo na man. Unha novela para todos os lectores e lectoras que cren no poder transformador das palabras.
4.12.13
O Apóstolo
O Apóstolo un filme de Fernando Cortizo
Un presidiario evadido vai a unha aldea de montaña recuperar un botín agachado hai anos. Desde daquela, os paisanos desviaron o trazado do Camiño de Santiago para atraer peregrinos. El pretende sair da fonda na que pernocta para procurar o tesouro, mais deberá evitar os veciños... E tamén almas en pena, meigas e quen sabe que máis.
Un presidiario evadido vai a unha aldea de montaña recuperar un botín agachado hai anos. Desde daquela, os paisanos desviaron o trazado do Camiño de Santiago para atraer peregrinos. El pretende sair da fonda na que pernocta para procurar o tesouro, mais deberá evitar os veciños... E tamén almas en pena, meigas e quen sabe que máis.
3.12.13
Abecegrama-V
Rematamos a mostra dos abecegramas co traballo feito por Vera
Abad Álvarez. Agradecer a todos estes alumnos/as a súa colaboración e animarvos a todos a que nos mandedes traballos para ser publicados. Moitas grazas!
Yo soy :
Aventurera en muchas ocasiones.
Bonachona con mis amigas.
Civilizada ¡por supuesto!
Decidida en algunas cosas.
Embustera con nadie.
Furiosa en algunos casos.
Golosa.
Honesta.
Inexperta en casi todo.
Joven.
Karateca nunca.
Laboriosa.
Modesta casi siempre.
Novata en el instituto.
Ñoña ni por asomo.
Organizada ¡va a ser que no!
Pacifista cuando quiero.
Quisquillosa depende con qué.
Racista con nadie.
Social.
Tímida con los desconocidos.
¿Universitaria? Aún me falta.
Vergonzosa de vez en cuando.
Washingtoniana no. Española.
Xenófoba con nadie.
Yerna( como dicen en Bolivia) de nadie.
Zángana.
2.12.13
Abecegrama-IV
A cuarta entrega dos abecegramas ven da man de Sandra González Ledo.
Yo soy:
Yo soy:
Alta.
Buena.
Cariñosa.
Decidida.
Educada.
Feliz.
Graciosa.
Hospitalaria.
Imaginativa.
Justa.
Kurda nunca.
Lúcida.
Madrugadora.
Natural.
Ñoña ni una sola vez.
Observadora.
Plurilingüe.
Quieta a veces.
Responsable.
Sociable.
Testaruda de vez en cuando.
Única.
Vergonzosa en ocasiones.
Waterpolista no.
Xenófoba ¡ ni pensarlo!
Yugoslava no soy.
Zurda jamás.
Sandra
González Ledo.
29.11.13
Historia de Galicia
Historia de Galicia
Anselmo López Carreira
XERAIS UNIVERSITARIA-HISTORIA E XEOGRAFÍA. Xerais (2013)
A dialéctica social do ser humano, actuando secularmente no seu contorno, foi creando as comunidades nacionais, que se procuran e se recoñecen na experiencia da súa propia historia. O nacemento da moderna conciencia nacional galega, no século XIX, está estreitamente vinculado á elaboración do discurso histórico, que ao mesmo tempo é resultado da existencia da nación e elemento axente da súa configuración. Desde aquela altura ata hoxe o acervo historiográfico foise incrementando en cantidade e calidade científica, tanto en obras globais como en monografías, de divulgación ou especializadas. Focalizada desde unha perspectiva na que Galicia constitúe o seu propio centro, e cunha clara intención divulgativa, esta Historia de Galicia de Anselmo López Carreira recolle e sintetiza as achegas proporcionadas polo conxunto de historiadores que ofrecen ao país unha imaxe coherente de si mesmo e pretende ser un elemento útil na construción desta comunidade de convivencia que é a nación galega.
28.11.13
Abecegrama-III
Un novo abecegrama, esta vez da man de Brais
Vivero Martínez
Yo soy:
Aventajado no
siempre.
Bueno.
Cariñoso.
Danzador cuando tengo ánimo.
Educado.
Fiel.
Gallego ¡cómo no!
Hablador cuando puedo.
Intrépido. ¡Solo faltaba!
Jove, por ahora.
Kamikaze ni de broma.
Laborioso.
Marchoso.
Neutro.
Ñoño nunca.
Obediente.
Perfeccionista.
Quieto cuando hay que estarlo.
Rencoroso muy pocas veces.
Soñador.
Tenaz.
Único, literalmente.
Valeroso.
Waterpolista.
Xenófobo y
Yonqui ni en sueños.
Zorro, ¡y no seáis mal pensados!
Brais
Vivero Martínez
27.11.13
Abecegrama-II
Seguindo cos abecegramas hoxe tócalle o turno ao feito por Olaia Jorge Porto.
Yo soy:
Atenta.
Bondadosa.
Cotilla.
Decidida.
Encantadora.
Frágil.
Graciosa.
Hacendosa.
Imaginativa.
Justa.
Karateca no.
Leal.
Miedicas.
Negativa nunca.
Ñoña.
Optimista.
Posesiva a veces.
Quejica.
Romántica.
Segura.
Trabajadora.
Útil.
Vergonzosa.
Waterpolista imposible.
Xenófoba nunca.
Yudoca jamás.
Zurda no.
Olaia Jorge Porto.
26.11.13
Ardalén
Xa temos o último premio Nacional de comic, unha obra do xenial Miguelanxo Prado que xa ten acadado numerosos recoñecementos. (2012)
Ardalén
Guión e debuxos de Miguelanxo Prado
Somos o que recordamos. Pero
a memoria non é un rexistro
obxectivo e inalterable, porque
tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta recons-
truír unha historia, unha parte da súa historia a través dos recordos
de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de
recuperación. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño,
rancores e odios. Por iso recordar non é inocuo.
a memoria non é un rexistro
obxectivo e inalterable, porque
tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta recons-
truír unha historia, unha parte da súa historia a través dos recordos
de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de
recuperación. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño,
rancores e odios. Por iso recordar non é inocuo.
Miguelanxo Prado Mellor Autor Español por Ardalén no Salón
do Cómic
de Barcelona.
de Barcelona.