23.3.13

O día 2 de abril celébrase o día internacional do libro infantil. Aquí tedes o cartaz que para esta ocasión fixo o artista americano  Ashley Bryan e tamén o texto da mexicana  Pat Mora .
DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2013
MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco

22.3.13

La reina descalza. Ildefonso Falcones. Ed. Grijalbo. (2013) 

 La reina descalza, unha apaixonante e vívida recreación de Madrid e Sevilla de mediados do século XVIII, unha conmovedora historia de amizade, paixón e vinganza que une dúas voces de muller nun canto esgazado pola liberdade.Ildefonso Falcones proponnos unha viaxe a unha época apaixonante, tinguida polos prexuízos e a intolerancia. Dende Sevilla ata Madrid, dende o tumultuoso bulicio da xitanería de Triana ata os teatros señoriais da capital; do contrabando de tabaco á persecución do pobo xitano; da fusión de culturas ao nacemento do preflamenco, os lectores gozarán dun fresco histórico poboado por personaxes que viven, aman, sofren e pelexan polo que cren xusto.

21.3.13


Lusocuria. Verónica Martínez Delgado. O Figurante Edicións (2012)
Há palavras que doem e há palavras que libertam. Um work in progress em que Veróniva Martínez Delgado deita uma impressao que evolui enquanto caminha, num sem-fim de reflexoes íntimas sob uma realidade em transformaçao, que muda se a percepçao, vítima dos acontecementos, descobre novos caminhos. Um livro sempre inacabado, apreijado pela força e a intensidade do amor e do sexo, como expressao máxima do primeiro.

20.3.13




Amor de Serea

Jaureguizar (Autor/a)
José Matalobos (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>SOPA DE LIBROS>Un misterio para Tintimán . XERAIS
Os galeóns de Rande desapareceron. Non hai rastro deles en toda a ría de Vigo. O Amor de Serea toleou os malvados, que están dispostos a calquera ruindade para facerse con el. Soamente o reporteiro máis valente e espelido de Galicia, Tintimán, poderá combatelos malia ter apenas 16 anos. O afouto investigador porá en risco a súa vida, pero non está só na loita contra o mal: axúdao Mónica, unha compañeira de clase que presume de ser a súa moza, e Señor Grozni, un gato torto con supostos poderes telepáticos.

19.3.13

Las aventuras de Tintin. Steven Spielberg (2011)

Tintín, un novo xornalista dotado dunha curiosidade insaciable, e o seu leal can Milú descobren que a maqueta dun barco contén un enigmático e secular segredo que deben investigar. A partir dese momemto, Tintín verase acosado por Ivan Ivanovitch Sakharine, un diabólico vilán que cre que o mozo roubou un valioso tesouro vinculado a un cruel pirata chamado Rackham el Rojo. Pero coa axuda de Milú do cascarrabias capitán Haddock e dos torpes detectives Hernández e Fernández, viaxará por medio mundo, servíndose da súa proverbial astucia para burlar os seus perseguidores e encontrar antes ca eles O Unicornio, un navío afundido que pode proporcionar a clave dunha fabulosa fortuna e dunha antiga maldición

18.3.13

Os Hemisferios. Rábade Villar, María do Cebreiro. Poesía galega. Ed. Galaxia(2006).
Escrito para que as persoas entren nos poemas, Os hemisferios concibiuse para entender, por iso tamén é unha pregunta.Árbores e planetas, terra e ceo, lúa e sol crean o acubillo no que se gorecen as voces. A palabra, a fala e os falares relacionan directamente a poesía co que está fóra dela. O interior é exterior, e viceversa: a aparencia é a realidade.

Estes poemas, coma o xeo, amosan e ao mesmo tempo velan. A poesía raña a superficie da linguaxe, deixa marcas, pegadas do seu paso. Con sutil delicadeza, María do Cebreiro (Compostela, 1976) rexístraas e avisa da súa presenza.

15.3.13

Unha curta recortada
Aquí tedes unha fermosa curta sobre os recortes educativos e en defensa da escola pública realizado por alumnos e profesores de primaria en Valderrobres (Teruel), coa colaboración de alumnos e profesores de secundaria do IES da localidade e dirixido por Lorenzo Latorre. Dende a biblioteca do IES Lasma das Quendas queremos felicitar a estes profesores e alumnos e sumarnos a esta reinvidicación.

EPICURO EL SABIO, WILLIAM MESSNER-LOEBS, SAM KIETH

DESCOBRE OS MITOS, DEUSES E FILÓSOFOS DA MAN DE EPICURO DE SAMOS.

O famoso filósofo Epicuro el Sabio trasládase de Samos, a súa cidade natal, a Atenas, o centro mundial da filosofía, a arte e a democracia. Alí coñecerá a Platón, Aristóteles, ao respectado Sócrates e ao pequeno Alejandro el Magno. Xuntos vivirán aventuras moi divertidas, revivirán mitos clásicos e encontraranse cos típicos problemas dos deuses. Nunca antes aprender historia clásica foi tan divertido!

14.3.13


O país adormentado. Xabier P. DoCampo. (2012)

INFANTIL E XUVENIL, FÓRA DE XOGO
No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido.No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa intención de ser eternos. Aurora, unha afouta rapaza que coñece un segredo que moi poucos saben, baixará até o fondo da Fraga Mesta e emprenderá un camiño novo para reunirse con Val e as súas xentes, que pretenden liberar o país daquela pasividade que fixo da bendición de non morrer a maldición de non vivir. Aurora e Val non renunciarán a vivir e non queren que ninguén escriba por eles o seu destino nin a súa historia.As duras batallas que librarán terán como obxectivo a recuperación da memoria e da identidade de Glearim como pobo.

13.3.13

La hija de la Noche. Laura gallego

La tranquilidad del pequeño pueblo francés de Beaufort se ve alterada por un hecho que parece carecer de una explicación razonable: el granjero Henri Morillon ha encontrado muerta una de sus vacas en extrañas circunstancias. Algunos habitantes del pueblo, como el joven Jerôme, creen que la mansión de Grisard guarda cierta relación con el suceso.

12.3.13

Por cortesía de dúas profesoras responsables das bibliotecas escolares dos seus centros, Olga Rodríguez, do CEIP Milladoiro, de Malpica, e Charo Sánchez-Gabriel, do IES Sánchez Cantón, de Pontevedra. Presentámosvos unha ferramenta moi útil no momento de facer buscas en internet. Grazas por este magnífico traballo.


11.3.13


A punta de pistola.Fran Alonso

INFANTIL E XUVENIL, FÓRA DE XOGO. Xerais. (2012)
XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia A punta de pistola ábrese cunha escena de ritmo trepidante: un delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica, acoden a un Centro de Acollida Familiar para ver os seus fillos, baixo a tutela dos servizos sociais. Unha vez alí, secuéstranos e lévanos a punta de pistola. Así comeza unha frenética fuxida. Ao tempo, outra historia transcorre en paralelo: a dunha camioneira emprendedora, culta e licenciada, que conduce e escribe nun blog. A camioneira, admiradora da vida da fisterrá Celia Rivas, a primeira muller en conducir un camión, en 1932, supón un contrapunto máis intimista á desenfreada fuxida que protagoniza a parella de secuestradores. Moita acción, planos cinematográficos, novas tecnoloxías, o papel da muller e a desestruturación social, familiar e educativa son algúns dos eixos que vertebran esta novela que está baseada nun feito real e logra atrapar os lectores e lectoras.

7.3.13

Historia de la Filosofía sin temor ni temblor de Fernando Savater: (2009)

Alba e Nemo, dous adolescentes, son o fío condutor desta historia da filosofía para mozos. Enlazando maxistralmente as vidas dos máis importantes filósofos, fainos partícipes das correntes de pensamento que marcaron a historia da humanidade dende Sócrates ata o século XX. O prólogo introduce os mozos na idea de que é a filosofía para inmediatamente arrancar, da man de Alba e Nemo e os seus particulares reflexións, coas súas orixes, logrando un texto excepcional que sen dúbida interesará a todo tipo de público.

6.3.13

Andrea y Los Seiscientos. Fernando Lalana. Literatura juvenil en castellano. El árbol de la lectura (Oxford) 2012.
Verán de 1965. Andrea Olaru, un cosmonauta da República Popular de Seria (situada na estratosfera terrestre), viaxa en dirección á Terra, nunha cápsula espacial rusa, co obxectivo de participar no Festival de San Remo. Inesperadamente, aterra nunha vila costeira da provincia de Tarragona chamada Cala-rocha. Alí, o tripulante coñecerá unha cuadrilla de mozos que lle axudarán a reparar a nave. Antes de logralo vivirán unha serie de disparatadas aventuras, pasarán por situacións imposibles, e xurdirán amores de verán.

4.3.13


Eu, pel.Teresa González Costa
INFANTIL E XUVENIL. FÓRA DE XOGO (Xerais). 2012.

Aquel rapaz ao que lle puxeron un nome que ninguén pronunciaba nunca, fíxose chamar a si mesmo Innominable. Era fillo dun farmacéutico brillante e dunha fermosa aristócrata da illa Meridiana, mais o mozo tiña unha misteriosa lesión. Desde moi pequeno, comezou a poñer máscaras e a experimentar arreo no laboratorio do castelo para atopar un remedio científico que reparase o seu mal. Ao mesmo tempo, no centro da cidade, o taller de pintura de Leopoldo Galean irradiaba luz a cada recanto da illa. Será nese taller onde unha rapaza chamada Niki revelará os seus insólitos dotes artísticos. Certo día o Gran Teatro encárgalle a Niki un decorado baseado na lenda de San Xurxo e o dragón, mais pouco despois a rapaza é internada na Residencia Periférica. O Innominable fíxose co goberno da Meridiana. Niki podería descubrir pronto as verdadeiras intencións daquel a quen moitos chaman Benfeitor.

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2024

Letras galegas 2024
Luísa Villalta

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

25N (3) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (22) Actividades na biblioteca (4) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (2) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (5) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (119) banda deseñada castelán (5) banda deseñada galego (18) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (28) biografias (1) biografías (11) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (9) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (1) Ciencia (18) Ciencia ficción (43) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (5) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (35) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (28) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (1) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (9) día das letras galegas (20) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (47) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (1) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (6) DVD (7) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (4) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (34) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (3) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (4) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (3) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (8) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (24) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (3) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (6) historia universal (2) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (10) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (29) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) Magosto (2) Manga (51) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (14) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (39) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (25) música das esferas (1) música popular urbana (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (88) narrativa francés (1) narrativa galego (85) narrativa inglés (7) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (17) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (315) poesía castelán (6) poesía galego (27) Policíaco (40) Portugués (10) Prehistoria (2) Premios (5) protocolo (2) psicoloxía (2) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (12) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (3) Relixión (7) Reportaxe (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (2) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (24) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (2) teatro escolar (1) teatro galego (17) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (4) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (4)