29.4.13

Naruto 3. Masashi Kishimoto.
 Xa podes seguir as aventuras de Naruto nesta nova entrega.

26.4.13




Todo OK

Diego Ameixeiras

EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA. XERAIS
  Tomando como base un suceso real, Todo OK relata a historia de Inés Landeira, unha muller involucrada nun delito de narcotráfico que tenta refacer a súa vida e evitar a entrada no cárcere. Narrada cun estilo sobrio e moi persoal, estamos ante unha novela que reflicte as túrbidas relacións entre uns protagonistas que loitan por sobrevivir máis alá das marxes da legalidade. Unha trama pola que desfilan uns personaxes que actúan sen escrúpulos, atrapados nun destino pouco esperanzador. Sometidos a constante presión policial, encarnada nun tenente da Garda Civil que xoga a varias bandas, por riba de todos eles sobrevoa a sombra implacable da xustiza. Inés Landeira, a quen todo o mundo coñece como A coxa, buscará unha saída nese complexo labirinto de intereses que poboan esta novela de Diego Ameixeiras, autor ao que Paco Ignacio Taibo II sinalou dende Dime algo sucio coma un dos renovadores do xénero negro contemporáneo.

25.4.13


O rastro que deixamos

Agustín Fernández Paz (Autor)

EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA>Memorias
Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro de Ensaio e investigación, 2012 - Premio Ánxel Casal ao Libro de non ficción 2012.   Coma se fosen as pedriñas coas que Hansel marcaba os seus pasos pola espesura do bosque, O rastro que deixamos reúne por vez primeira traballos dados a coñecer por Agustín Fernández Paz en diferentes medios e contextos ao longo do tempo, así como outros que permanecían inéditos. Neles, o autor aborda un regueiro de episodios fundamentais na súa vida, retallos da memoria que nos permiten achegarnos á ética e mais á poética do escritor. Estes rastros son unha mostra de dúas liñas de traballo esenciais, a memoria da infancia e o oficio da escrita. Na primeira parte, baixo a epígrafe «As paisaxes da memoria», reúnense escritos onde predominan as vivencias da nenez e da mocidade, naqueles anos en que asistiu á creación do mundo na súa Vilalba natal. Os textos da segunda, titulada «O oficio de escribir», fálannos da súa paixón pola lectura e pola escrita, así como da súa fe na forza das palabras para cambiar o mundo e cambiar a vida. Como ocorre nos libros de ficción de Fernández Paz, estas páxinas seducen pola claridade das ideas e polo engado con que se expresan. Ademais, permítennos adiviñar as pegadas das experiencias vitais na súa obra e descubrir os fundamentos do oficio de narrador, o termo no que o autor mellor se recoñece. Cada unha das dúas partes péchase cunhas páxinas narrativas; a primeira, cos relatos «A mirada de Clara» e «Cando nacen as estrelas»; a segunda, cun peculiar e irónico conto por palabras, «Reflexións sobre a precariedade laboral». Estes relatos amosan como o autor constrúe os textos de ficción cos vimbios da súa vida, unha vida que traslada logo aos seus personaxes. Quizais isto explique por que a súa produción literaria recende a verdade e conta co aprecio dun público tan amplo e tan diverso.

24.4.13

Xa tés a posibilidade de consultar esta gran enciclopedia dos xogos populares, aquí podemos aprender a xogar e a facer os nosos propios xoguetes. Moi interesante e entretida nestes días en que a informática o envolve todo.

 

Tastarabás

Antón Cortizas (Autor) David Sierra Martínez (Ilustrador)

INFANTIL E XUVENIL.EDICIÓNS SINGULARES
Froito de dez anos de traballo, velaquí temos Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. Nesta obra, o autor, ao longo de máis de mil páxinas, ofrece un extenso catálogo dos brinquedos e enredos diversos que forman parte da nosa tradicional cultura lúdica. Máis de 2.500 fotografías acompañan os arredor de 1.000 brinquedos, enredos e mesmo brincadeiras efémeras que compoñen o volume, todos eles descritos de forma pormenorizada e completados con informacións sobre o seu uso, a dificultade de construción, as súas variantes, os lugares de recolla das informacións, anécdotas dos informantes relativas aos xoguetes descritos e tamén textos literarios ou doutra índole, nos cales un gran número de autores se refiren a eles. Velaquí un libro de divulgación que recompila nun só volume a meirande parte dos xoguetes tradicionais que formaron e forman parte da nosa cultura, clasificados en brinquedos do mundo animal, vexetal e inanimado, brinquedos de enxeño e habilidade, bonecas, brinquedos de desprazamento e transporte, arsenal infantil, brinquedos sonoros e xoguetes ou elementos para xogos regrados, entre outros.

23.4.13


Hoxe 23 de abril na nosa biblioteca tivo lugar un maratón de lectura por parte de todos os que quixeron participar nesta iniciativa que pretende conmemorar o día do libro. A actividade tivo moi boa acollida e o tempo de lectura non foi suficiente para que puideran ler todos os que o pretendían. Dende a biblioteca queremos felicitar a todos os participantes e animámosvos a que sigades participando nas distintas actividades que se programan no centro.




22.4.13


El clan de Atapuerca (La maldición del Hombre Jaguar). Álvaro Bermejo. + de 12 anos, Anaya (2012). Castelán.
Nun edén de xeo, o berce dos primeiros europeos, catro adolescentes emprenden unha viaxe sen retorno cara á conquista de si mesmos. O mal pode cobrar moitas formas. É posible confundilo con ese oso cavernario que axexa o clan do Bisonte. Quizais reside nun misterioso talismán, o Home Xaguar.
Arika, a quen todos repudian pola súa perna deforme, aínda non sabe que nas súas mans dormen dúas estrelas. Os Ata témena tanto como á maldición que parece gravitar sobre eles. Hai un home morto no desfiladeiro. Só a Nai dos Soños coñece o segredo daquel que abriu o tempo do sangue.

19.4.13



18.4.13

El secreto de sus ojos de Juan José Campanella. Tornasol films (2010)
Arxentina, anos 70. Benxamín Espósito é oficial dun Xulgado de Instrución de Bos Aires e está a punto de retirarse. Obsesionado por un brutal asasinato acontecido trinta anos antes, decide escribir unha novela sobre o caso, do cal foi testemuña e protagonista. Revivindo o pasado, vén tamén á súa memoria o recordo dunha muller, a quen amou en silencio durante todos eses anos.

15.4.13

Los ignorantes, de Étienne Davodeau, xungue o amor ao cómic e o bon viño. Novela gráfica. Ed. La Cúpula (2012)

Enfronta a dous personaxes apaixonados polos seus oficios. Un viticultor e un guionista de cómic que intercambiarán experiencias.
Étienne Davodeau, un debuxante francés amante do bo viño pero novato en temas enolóxicos, propúxolle a Richard Leroy, un amigo viticultor, que lle explicase como se fai un bo caldo, e a cambio el introduciríalle no mundo dos cómics. Unha rara simbiose convertida en novela gráfica: Os ignorantes (A Cúpula). 

12.4.13


El abuelo que saltó por la ventana y se largó. Jonas Jonasson. Narrativa en castelán, Ed. Salamandra (2012)
Momentos antes de que empece a pomposa celebración do seu centésimo aniversario, Allan Karlsson decide que nada diso vai con el. Vestido co seu mellor traxe e unhas pantuflas, empolícase a unha ventá e fóxe da residencia de anciáns na que vive, deixando plantados o alcalde e a prensa local. Sen saber onde ir, encamíñase á estación de autobuses, o único sitio onde é posible pasar desapercibido. Alí, mentres espera a chegada do primeiro autobús, un mozo pídelle que vixíe a súa maleta, coa mala fortuna de que o autobús chega antes de que o mozo regrese e Allan, sen pensalo dúas veces, sobe coa maleta, ignorante de que no interior desta se amorean, santo ceo!, millóns de coroas de dubidosa procedencia. Pero Allan Karlsson non é un avó doado de asustar. Ao longo da súa centenaria vida tivo un montón de experiencias do máis singulares: dende inverosímiles encontros con personaxes como Franco, Stalin ou Churchill, ata amizades comprometedoras como a esposa de Mao, pasando por actividades de alto risco como ser axente da CIA ou axudar a Oppenheimer a crear a bomba atómica. Non obstante, esta vez, na súa enésima aventura, cando cría que coa súa xubilación chegara a tranquilidade, está a punto de poñer todo o país patas arriba.
A edición en castelán desta novela chega precedida dun éxito irresistible en toda Europa. Case dous millóns de exemplares vendidos -dos cales máis dun millón en Suecia, onde foi Libro do Ano e Premio dos Libreiros- e presente nas listas de libros máis vendidos en Italia, Francia e Alemaña, país onde ocupa o posto número un ao día de hoxe, demostran que estamos ante unha rara avis. Jonasson urdiu unha historia extremadamente audaz e enxeñosa, capaz de sorprender constantemente o lector, pero o verdadeiro regalo é o seu personaxe protagonista, Allan Karlsson, un home dun marabilloso sentido común, un avó sen prexuízos que non está disposto a renunciar ao pracer de vivir.

11.4.13


Bakuman 2.Tsugumi Ohba, Takeshi Obata.
¡LLEGA EL NÚMERO 2 DEL LANZAMIENTO MÁS DESTACADO DEL XVI SALÓN DEL MANGA DE BARCELONA!  Dos estudiantes corrientes y molientes tienen un sueño: convertirse en dibujantes de manga profesionales. Y el primer paso es presentar su trabajo a un editor para que lo valore. ¿Conseguirán que la editorial de la revista Shonen Jump muestre interés?

10.4.13

Un adeus que non soa a despedida.





A vitoria do perdedor

Carlos G. Reigosa

EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA. XERAIS
Arcadio Macías, perdedor dunha guerra e dunha posguerra, prepara a súa saída de España. Está seguro de que a loita terminou. Mais a realidade –en forma dunha represión que non cesa– axiña lle vai demostrar o contrario. Isto desatará a súa rebeldía e impediralle fuxir. Converterase así nun combatente solitario e vingador que cambiará a realidade dunha bisbarra. Un home atrapado nun recuncho da Historia que axusta contas co mundo fratricida en que lle tocou vivir. Carlos G. Reigosa constrúe con axilidade narrativa unha acción vigorosa e arrepiante que retrata a dialéctica embrutecedora entre a perversión da vitoria e o desvalemento da derrota. A crueldade resultante desborda a dimensión política para ser só ferocidade e desquite. A vitoria do perdedor é a memoria fera e doente dun tempo de posguerra dominado polo terror e a violencia.

8.4.13

Naruto 2.Masashi Kishimoto. Manga. Ed. Glénat
Non te perdas as espectaculares aventuras do guerreiro máis famoso do universo manga, Naruto Uzumaki, que para chegar a Hokage, o máximo grao ninja, ha de aprender a manter o control dos seus incribles poderes.

5.4.13


Balea2. Estevo Creus. Positivas (2011)
"Este libro existe gracias a meu ben querido amigo e poeta Celso Fernández Sanmartín, que xuntando a nenos de a cinco e a vellos de a 100 nunha residencia de anciáns, tiveron a ben escribirme e mandarme debuxos de baleas.
...
Con eses debuxos e esas experiencias tentei escribir un libro que fora para todos: poemas de adultos para nenos e poemas de nenos para adultos coa intención de que a lectura fora conxunta, as explicacións e entendementos recíprocos, e de que as risas, se as houber, foran compartidas.
...
Do que si estou certo, é de que todos estes textos nunca estarán á altura do acontecido eses días, e de que, etesa eu onde estea, e pasen os anos que pasen, eu sempre vivirei alí, con eles:habitando entre cetáceos."

4.4.13

Cuarto de outono. María do Cebreiro. Sotelo Blanco(2008)
O sexto libro de poemas de María do Cebreiro ve a luz na renovada colección Edoy Leliadoura de Sotelo Blanco. Continúa a poeta o andar que trazaba na obra anterior, Os hemisferios (2006), inserindo diálogo, ensaio e pensamento.

3.4.13


La bibliotecaria de Auschwitz. Antonio G. Iturbe. Ed. Planeta (2012)

Sobre a lama negra de Auschwitz que todo o engole, Fredy Hirsch levantou en segredo unha escola. Nun lugar onde os libros están prohibidos, a moza Dita esconde baixo o seu vestido os fráxiles volumes da biblioteca pública máis pequena, recóndita e clandestina que existiu nunca.

No medio do horror, Dita dános unha marabillosa lección de coraxe: non se rende e nunca perde as ganas de vivir nin de ler porque, mesmo nese terrible campo de exterminio, «abrir un libro é como subir a un tren que che leva de vacacións».

Unha emocionante novela baseada en feitos reais que rescata do esquecemento unha das máis conmovedoras historias de heroísmo cultural.

2.4.13

"Dime quién soy" de Julia Navarro:
(2010)

Un xornalista recibe unha proposta para investigar a azarosa vida da súa bisavóa, unha muller da que só se sabe que fuxiu de España abandonando o seu marido e o seu fillo pouco antes de que estalase a Guerra Civil. Para rescatala do esquecemento deberá reconstruír a súa historia dende os alicerces, seguindo os pasos da súa biografía e encaixando, unha a unha, todas as pezas do inmenso e extraordinario crebacabezas da súa existencia.

Marcada polos homes que pasaron pola súa vida -o empresario Santiago Carranza, o revolucionario Pierre Comte, o xornalista estadounidense Albert James e o médico militar vinculado ao nazismo Max von Schumann-, a vida de Amelia Garayoa é a dunha muller que aprendeu que na vida non se pode volver sobre o pasado para desfacelo. Dende a España republicana ata a caída do Muro de Berlín, pasando pola Segunda Guerra mundial e os escuros anos da Guerra fría, esta burguesa e revolucionaria, esposa e amante, espía e asasina, actuará sempre de acordo aos seus principios, enfrontándose a todo e cometendo erros que non rematará nunca de pagar.

Memoria dun século convulso, caracterizado pola barbarie dos totalitarismos, esta obra é unha volta de rosca na traxectoria dunha das nosas novelistas máis internacionais. "Dime quién soy" sorprende polo seu dramatismo e instrospección, pola súa intriga e polas súas emocións a flor de pel. Unha aventura desgarradora e cativadora que ten uns personaxes excepcionalmente perfilados e literariamente inesquecibles.

A esperada nova novela de Julia Navarro é o magnífico retrato dos que viviron intensa e apaixonadamente un século turbulento. Ideoloxía e compromiso en estado puro, amores e desamores esgazados, aventura e historia dun século esnaquizado, esta novela non só engaiolará os lectores de Julia Navarro senón que fascinará a todos aqueles interesados na nosa propia historia.

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2024

Letras galegas 2024
Luísa Villalta

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

25N (3) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (22) Actividades na biblioteca (4) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (2) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (5) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (119) banda deseñada castelán (5) banda deseñada galego (18) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (28) biografias (1) biografías (11) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (9) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (1) Ciencia (18) Ciencia ficción (43) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (5) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (35) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (28) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (1) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (9) día das letras galegas (20) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (47) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (1) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (6) DVD (7) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (4) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (34) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (3) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (4) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (3) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (8) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (24) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (3) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (6) historia universal (2) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (10) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (29) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) Magosto (2) Manga (51) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (14) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (39) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (25) música das esferas (1) música popular urbana (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (88) narrativa francés (1) narrativa galego (85) narrativa inglés (7) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (17) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (315) poesía castelán (6) poesía galego (27) Policíaco (40) Portugués (10) Prehistoria (2) Premios (5) protocolo (2) psicoloxía (2) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (12) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (3) Relixión (7) Reportaxe (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (2) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (24) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (2) teatro escolar (1) teatro galego (17) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (4) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (4)