27.2.14

Asolagados no IES Lama das Quendas

Onte proxectouse o documental "Asolagados" Hoxe podedes ver a reportaxe que fixo Televinte do acto.

26.2.14

Proxección do documental "Asolagados"



Hoxe no salón de actos do IES Lama das Quendas tivo lugar a proxección do documental "Asolagados" dirixida polo chantadino David Vázquez Vázquez e que foi organizada pola Biblioteca e polo departamento de Xeografía e Historia. Previamente o alumnado fixo unha labor de investigación localizando historias de familiares ou amigos que se viron afectados por a construción do encoro.


Despois do visionado do filme houbo un pequeno coloquio co director do documental no que os rapaces/as de primeiro de ESO  lle trasladaron todas aquelas inquedanzas que lles xurdiron despois da proxección e durante a busca de información. A experiencia resultou moi enriquecedora para o alumnado que coñeceron de cerca toda a problemática que ocasionou a construción do embalse de Belesar.
Dende aquí queremos agradecerlle a David a súa  colaboración desinteresada no desenvolvemento desta actividade ao tempo que lle facemos chegar a nosa felicitación por tan estupendo traballo.

25.2.14

Frankenweenie

Unha nova entrega de cine de animación

Frankenweenie de Tim Burton (2012)

Película basada en el cortometraje homónimo que el propio Burton realizó en 1984. El experimento científico que lleva a cabo el pequeño Victor para hacer resucitar su adorado perro Sparky, lo obligará a afrontar terribles situaciones cuyas consecuencias son imprevisibles. (FILMAFFINITY)

24.2.14

3º Pregunta de "Detectives na biblioteca"

 Seguindo co concurso aquí tedes a terceira pregunta:

 En 1990 publicouse un libro do mesmo autor de "Plantas mortales en España". Este libro foi prologado por un eminente endócrino, que organizou o XXIII Seminario de nutrición clínica.
    Na páxina  107 deste libro aparece un factor que determina a recomendación de non tomar os ovos crus.


Quen prologa este libro e de que factor se fala?  

21.2.14

Asolagados

O vindeiro mércores 26 de febreiro, as 11:45, no salón de actos do IES Lama das Quendas proxectarase o documental Asolagados do director chantadino David Vázquez Vázquez. Ao remate da proxección farase un coloquio cos autores do filme.
 Esta actividade organizada polo departamento de Xeografía e Historia e pola Biblioteca está dirixida a todo o alumnado de primeiro de ESO.

20.2.14

WALL•E

WALL•E de Andrew Stanton (2008)

En el año 2700, en un planeta Tierra devastado y sin vida, tras cientos de solitarios años haciendo aquello para lo que fue construido -limpiar el planeta de basura- el pequeño robot WALL•E (acrónimo de Waste Allocation Load Lifter Earth-Class) descubre una nueva misión en su vida (además de recolectar cosas inservibles) cuando se encuentra con una moderna y lustrosa robot exploradora llamada EVE. Ambos viajarán a lo largo de la galaxia y vivirán una emocionante e inolvidable aventura... (FILMAFFINITY)

19.2.14

Botou a andar o concurso "Detectives na biblioteca"

A semana pasada comezou o concurso "Detectives na Biblioteca". Televinte estivo na nosa biblioteca para dar esta información e ao mesmo tempo para axudar a promocionar as bibliotecas escolares. Grazas pola vosa colaboración.

18.2.14

Obra reunida de Verónica Martinez

Obra reunida de Verónica Martinez (2013)
Libro que recolle toda a obra poética de Verónica Martinez delgado dende 1994 ata 2008.

17.2.14

2ª pregunta de detectives na biblioteca

Segunda pregunta:

No ano 1955 no que Rosa Parks é detida por negarse a ceder o seu asento  a un branco nun autobús público en Alabama e impulsou así o fin da segregación racial en EEUU, publícase o terceiro volume dunha novela inglesa, escrita polo mesmo autor, creador do mago Gandalf, traducida ó galego no 2002, en cuxa derradeira páxina aparece o mesmo nome que o da loitadora polos dereitos dos negros.
Cal é o titulo desta novela?

13.2.14

San Valentín


Para festexar o día dos namorados, a biblioteca do IES Lama das Quendas, ofréceche unha selección de libros entre os que sen dúbida atoparás ao teu amor.
 Achégate e compróbao!.

12.2.14

Libro libre

O club de lectura "A Quenda do Libro", pertencente a biblioteca, abriu un punto de liberación de libros no IES Lama das Quendas. Tele Vinte estivo alí para informar da iniciativa.

10.2.14

1ª pregunta de "Detectives na biblioteca"

Xa podedes comezar a buscar a resposta á primeira pregunta de detectives na biblioteca. Lembrade que tedes que entregar a resposta antes das 11:45 do venres.

Na páxina 388 do tomo 36 dunha enciclopedia de arte da nosa biblioteca está publicado un autorretrato. O autor deste autorretrato coñeceu a un poeta nipón ao que dedicou un dos seus cadros.


Como se chama o cadro que lle dedicou a este poeta?

6.2.14

Odisea

Hoxe rematou o concurso Odisea de cultura clásica con unha xornada na que os participantes tiveron que contestar a unha morea de preguntas. Como vedes o alumnado está moi ocupado tentando de dar coas respostas axeitadas a todas as cuestións que lles plantexaron. Sorte!

Detectives na biblioteca

Lembrarvos que mañá ás 11:45 remata o prazo para inscribirse no concurso "Detectives na Biblioteca". Se estás interesado en participar non te esquezas e acude a apuntarte na biblioteca.
E, os que xa estades inscritos, estade pendentes do blog que o luns publicaremos a primeira pregunta

3.2.14

Poderosa 3



Poderosa 3


Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man

Sérgio Klein
Mercedes Pacheco Vázquez (Tradutora)

FÓRA DE XOGO (2011)


Joana Dalva, unha rapaza adolescente, transforma en realidade aquilo que escribe coa man esquerda. Nesta terceira entrega do seu diario, o seu segredo permítelle desfacerse das ameazas dunha solteirona tola, axudarlle a unha compañeira de clase a domar un pai autoritario, ensinarlle a súa avoa a linguaxe informática e sobrevivir ás perrenchas do seu irmán pequeno. Fronte a tantos desafíos, Joana Dalva corre o risco de perder o seu valioso poder, aínda que nin así vai perder unha miga do seu encanto.Poderosa 3 constitúe a terceira entrega a serie Poderosa, iniciada no ano 2008 con grande éxito dentro da colección Fóra de Xogo. Un diario, como os dous anteriores, protagonizado por unha rapaza que tiña o mundo na man. Unha novela para todos os lectores e lectoras que cren no poder transformador das palabras.