30.5.16
Viaxe do club de lectura a Santiago
O xoves 26 de maio, o club de lectura A Quenda do Libro e os colaboradores da Biblioteca, realizaron unha viaxe a Santiago de Compostela para visitar a Cidade da cultura, o Museo de Historia Natural e o MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia).
Aquí vos deixamos un pequeno resumo desta actividade.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo desta actividade.
27.5.16
Os nabos
En Terra Cha, Manuel María adícalle este poema aos nabos, un alimento moi usado polos labregos galegos.
O lobo
O lobo é un poema de Manuel María que incluíu no seu libro Os soños na gaiola. Hoxe escoitámolo na voz de Ivo.
25.5.16
24.5.16
Cantiga de Diego de Lemos
Seguindo co libro Cantigas e cantos de Pantón o alumnado do CEIP Monte Baliño lennos o poema Cantiga de Diego de Lemos.
23.5.16
20.5.16
Poema do alleado
Para rematar a Semana das Letras temos un poema de Manuel María do libro Cantos rodados para alleados e colonizados que nos declama Vera.
19.5.16
Palabras
"Palabras hai que desacougan, mancan, queiman..." dinos Manuel María neste poema que Andrea nos recita hoxe.
17.5.16
Galicia
Para celebrar as Letras Galegas aquí tedes o poema "Galicia" de Manuel María que foi musicado por Suso Vaamonde e que podemos escoitar nas voces de Fuxan os Ventos.
13.5.16
12.5.16
11.5.16
Invocación a Castelao
Manuel María, no seu libro Cantos rodados para alleados e colonizados, escribiu este poema que hoxe nos presenta Alex.
10.5.16
Castelo de Maside
Os alumnos/as de Pantón cántanlle ao Castelo de Maside neste poema de Manuel María. Que perdoe Rubén por cambiarlle o nome.
9.5.16
As patacas
Ás patacas, ese alimento fundamental para os galegos, adicou Manuel María este poema no libro Terra Chá.
8.5.16
Semana da poesía
A semana pasada no IES Lama das Quendas, organizado polo departamento de Lingua Galega, celebrouse a semana da poesía. Unha das actividades que se fixeron foi un obradoiro de poesía que tivo lugar na biblioteca do centro.
Aquí tedes o resume que da semana da poesía fixo Televinte.
Aquí tedes o resume que da semana da poesía fixo Televinte.
7.5.16
Piñeiros
Manuel María cantoulle a moitas árbores. Hoxe Ana lembranos o poema que en Terra Chá adicou aos pinos.
5.5.16
O vento
"O vento tolo, na noite
corre, brua, berra, brama:
¡eu a escoitalo medoso
acochadiño na cama!
Virginia achéganos estes fermosos versos do libro Os soños na gaiola.
3.5.16
Can
"¡defende sempre, deica a moret,
a túa total e impagábel liberdade!"
Así remata o poema de Manuel María que nos recita Serxio e que poderiamos aplicar tamén ás persoas.