31.5.19

W

Un juego de espejos lleno de tensión sobre la identidad y la confianza en uno mismo y en los demás.
W de Isaac Rosa
Editorial Edebé 2019

Ahí estaba Valeria, en la parada del autobús, un lunes de septiembre, pensando en sus cosas. Pendiente también de su teléfono, esperando que Laura le contestara su último mensaje, sospechando que sus excompañeras habrían montado otro grupo de chat sin ella. Entonces levantó los ojos. Y la encontró. En la parada de enfrente. La otra. Su doble, idéntica a ella.
¿Qué harías tú si te tropezaras con alguien igual que tú? ¿Que no hay nadie como tú? Claro que sí. No te pienses que eres tan especial. No eres irrepetible, ni un ejemplar único. Si no has encontrado nunca a nadie igual, sigue buscando. A Valeria le cambió la vida.

23.5.19

Poesia a les Caves

Poesía diversa en catalán e galego.
Poesia a les Caves 
Ajuntament de Sant Sadurní 
D´Anoia  2018


Un feixe de poemas dos distintos autores que se teñen presentado a o longo dos anos ao certame de Poesia a les Caves convocado polo Concello de Sant Sadurní D´Anoia.
Entre eles está o poema inédito de Amauta Castro titulado «Neste soto onde o frío»

22.5.19

Nos muros do mundo

Afirma o propio autor, amauta Castro,  que  el escribe defendendo a especificidade das súas palabras «(por idioma, convicción e resistencia) desde unha fórmula literaria que se comprime e que practico na distancia».
Nos muros do mundo de Amauta Castro 
Edizer 2012


Amauta Castro publicou este poemario no 2012 co subtítulo Escolma incompleta  e dividido en 6 partes tituladas: Cántiga de Eurídice, Acto poético I:Lume, Palabras de Amauta, Acto poético III: Espellos, As outras e  Epílogo.
Poemas  que como di o autor «non son de ninguén ». Afirma que a súa victoria sería unha «intertextualidade merecida ».
Axudémolo a vencer.



20.5.19

Kallaikos. Unha viaxe á Galicia céltica

Paco Boluda conta a vida cotiá nun castro galaico. 
Kallaikos. Unha viaxe á Galicia céltica de Paco Boluda 
Autor Editor  2019


O autor do libro , que tamén é o editor, pretende achegarnos ao que era a Galicia céltica cambiando esa imaxe de " xente vestida con pelexos". Quere dar a coñecer o mundo que había aquí, neste recuncho noroeste antes da chegada dos romanos.

15.5.19

Xuízo aos humanos. Os animais toman a palabra

Unha novela que comezara José Antonio Jáuregui e que , trala morte repentina deste, rematou seu fillo Eduardo Jáuregui.
Xuízo aos humanos. Os animais toman a palabra de José Antonio Jáuregui
Catro Ventos Editora 2017

Os animais do planeta Terra reúnense na selva para celebrar un xuízo extraordinario. Acusan o ser humano de crimes atroces: calumnias, malos tratos e xenocidio.
É realmente o Homo sapiens unha ameaza para a vida terrestre, unha especie arrogante, cruel e asasina? Ou pode aínda redimirse perante o resto dos animais? Chegou a hora de se enfrontar á Lei da xungla.

Biodiversidade. Cara a unha sexta extinción masiva

Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de extinción masiva provocada polo ser humano, a sexta desde que a vida se diversificou na Terra hai 500 millóns de anos. Cales son os mecanismos e as causas principais e como evitar ou limitar esta sexta extinción?
Biodiversidade. Cara a unha sexta extinción masiva de VV.AA.
Catro Ventos Editora 2017

O coordinador da obra reúne a catro científicos de distintas especialidades. Todos eles ofrecen e contrastan as súas distintas perspectivas dun mesmo tema: a biodiversidade e a deriva cara a unha sexta extinción en masa. Un ecólogo, un biólogo mariño, un especialista en xestión e economía do medio e unha filósofa do medio convídannos á súa mesa. A partir dos seus coñecementos, dos seus temores mais tamén das súas esperanzas, achégannos unha visión científica e cidadá sobre a sexta extinción masiva, a primeira do Antropoceno.
O libro divídese claramente en dúas partes: o debate científico e o debate social. Isto fai que resulte máis interesante e que precisamente vaia máis aló da ecoloxía puramente.  Tamén reflexiona sobre as consecuencias económicas e sociais.
Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de extinción masiva provocada polo ser humano. A sexta desde que a vida se diversificou na Terra hai 500 millóns de anos. A sobreexplotación dos recursos, o consumo excesivo, a oferta excesiva, as sobrecapacidades tecnolóxicas, o cambio climático, a deforestación, etc., os seres humanos entréganse a unha destrución masiva dos ecosistemas a escala planetaria. E o noso modo de desenvolvemento condena probablemente unha especie cada vinte minutos.
Cales son os mecanismos e as causas principais da extinción das especies? Que podemos esperar das axendas políticas? Cómpre promover unha ecoloxía de combate ou unha ecoloxía da reconciliación que volva colocar o ser humano na natureza? Como evitar ou limitar esta sexta extinción?

14.5.19

¿A que altura está o ceo?

Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas: Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo? Cal é a idade do universo? E o seu tamaño? Que quere dicir que o universo se expande? É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?..
A QUE ALTURA ESTÁ O CEO?: JORGE MIRA; MIRA PÉREZ, JORGE¿A que altura está o ceo? de Jorge Mira
Alvarellos Editora 2016 

Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia:  Este libro vainos dar a resposta. A esta cuestión... e a moitas outras.
O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo.


13.5.19

Lectores, poetas, libros e literatura


A Semana da Poesía chegou ao seu final por este ano.E que mellor remate que ter no noso instituto a dous poetas como Berta Dávila e Amauta Castro que o pasado venres se atoparon co alumnado de ESO e Bacharelato.
Comezou o alumnado de 1º de Bac. facendo unha presentación destes dous poetas que xa foran lidos e traballados por eles nas actividades que se desenvolveron durante estes días ,pero que o resto do alumnado non coñecía.
A continuación Amauta Castro falounos de como el chegou ao galego ( unha lingua na que non foi criado) e de como chegou ao coñecemento dos autores galegos que encheron a súa mochila de lecturas de modo que  irremediablemente chegou á escrita (en galego).Cre na sinxeleza e na brevidade das composicións.E insistiu na boa arma que é  cultura para eses momentos nos que nos sentimos na intemperie moral. A poesía  pódenos axudar nos momentos de perda ( de amor, de morte...) , pero, iso si!, esas vivencias culturais xa deben estar no " noso sistema operativo" para que nos alivien no momento de necesitalas.
Posteriormente, contounos Berta Dávila como dende sempre foi unha grande lectora porque a palabra escrita era unha ferramenta que se compartía na súa casa. Así ,  grazas a un poema de Rafael Alberti ( que nos leu) descubriu que coa poesía se poden contar cousas da experiencia cotiá.Afirmou que a poesía non son os autores nin os libros, son os poemas. E procedeu a lernos algúns dos seus.
Rematou o acto coa lectura de poemas por parte de Amauta Castro. Composicións do seu último libro (o que nos aledou porque , por máis que o intentamos, non o demos conseguido).
Dende a biblioteca do IES Lama das Quendas agradecemos a visita de Berta Dávila e Amauta Castro  e , especialmente , a xenerosidade de Amauta ao agasallarnos con dous dos seus títulos publicados.
Mención especial e agradecemento inmenso a Paz Fernández e o seu alumnado que nos permitiu vivir na poesía por uns días.

10.5.19

Versos para soñar

O Salón de Actos do IES Lama das Quendas  énchese de rapazada,  de poesía, de actividades durante toda esta XIV Semana da Poesía!
O alumnado de 1º de Bacharelato le, escolle determinado poemario e desenvolve unha actividade que se preste á participación dos seus compañeiros da ESO. É unha maneira moi creativa de ler, interpretar e achegar a poesía aos demais para que lle perdan o medo  desfrutando coas creacións de diferentes autores.
Neste curso, usaron os versos de Antonio García Teijeiro, Juan Manuel Vázquez, Berta Davila, Amauta Castro, Carlos Negro, Carmen Blanco, María Reimondez e Uxía Aldao.
Despois, os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO baixan por quendas para achegarse a todos os recunchos e participar nos xogos que lles ofrecen.
Presta velos saír con cara de felicidade, co sorriso de orella a orella e manifestando  querer medrar rapidamente ...para cursar bacharelato e facerlle as súas propostas a outros compañeiros. Pero, se o profesorado participante o pasa tan ben coma eles!!
Son versos que nos dan soños!!
Deixamos fotos dos distintos recunchos desta "feira" das letras no momento no que participaban os  de 1º A de ESO. 








 

9.5.19

Todo vai na natureza I e II: Prácticas sinxelas de bioloxía

Por se queres meterte nun laboratorio e facer prácticas de bioloxía.
Todo vai na natureza I e II: Prácticas sinxelas de bioloxía de VV.AA.
Baía Edicións  2001


Primeiro e segundo volume do libro Toda vai na natureza no que se recollen as prácticas de Bioquímica, célula, contaminación, solos e as relacionadas co mundo vexetal, tendo presente que o material requirido para a súa elaboración se poida atopar sen dificultade en calquera laboratorio. O deseño das actividades fíxose tendo en conta que as sesións prácticas non superan os 45 minutos, incluíndo no tempo estimado a manipulación e tamén o estudo do material.


8.5.19

Puf! Vaia peido… Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes

Neste libro atoparás unha manchea de nomes populares, trampulleiros e divertidos.
Puf! Vaia peido... Seres sorprendentes con nomes ocorrentes de Luisa Martínez Lorenzo
Editorial Galaxia  2018


Neste divertido volume, aparecen nomes que se usan para chamar a algúns dos seres vivos que atopamos no noso contorno, pero tamén nos fan pensar noutras cousas ben diferentes e, case sempre, disparatadas. Ademais, sorprenderaste coñecendo o xeito de vida dos animais, plantas e fungos aos que se refiren.


7.5.19

Recital de poesía

Dentro das actividades programadas na XIV Semana da Poesía no IES Lama das Quendas, hoxe gozamos co recitado de poemas por parte do alumnado e profesorado que estabamos na biblioteca na hora de lecer.
Lemos ,para sentir, distintos poemas de Carlos Negro, Amauta Castro,  García Teijeiro, Álvarez Blázquez, Berta Dávila, Uxía Aldao, Juan Manuel Vázquez...
Unha actividade de achegamento á poesía que , con toda probabilidade, prenderá en nós non só como lectores senón tamén - quen sabe!- como escritores.
Quedade coas imaxes do acto.











O libro dos océanos.Que ameaza o mar?

Cun deseño atractivo e informativo, e textos ben documentados, co apoio científico da German Ocean Foundation, Esther Gonstalla crea neste libro un retrato detallado que nos permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e os cambios que sofre o mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se converte nun recurso para a acción.
O libro dos océanos. Que ameaza o mar ? de Esther Gonstalla
Catro Ventos Editora 2018

Verteduras de petróleo, sobrepesca, illas de refugallos plásticos… Hai tempo que os nosos mares deixaron de ser fonte de saúde, alimento e benestar. Nas últimas décadas, a contaminación e o espolio dos océanos aumentaron de forma notable. Mais cal é o auténtico estado do meirande ecosistema da Terra? Malia levarmos vivindo dende sempre do mar e co mar, hoxe en día segue a ser un dos territorios máis descoñecidos do planeta. Esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano e, en consecuencia, na ruína do ser humano.

6.5.19

Aprende electrónica y robótica educativa

En la actualidad, la robótica está cada vez más presente en nuestras vidas (vehículos autónomos, robots domésticos, líneas de producción, etc.). En este libro encontrarás los conceptos más básicos de la electrónica, la programación y la robótica dirigidos al público más joven.
Aprende electrónica y robótica educativa de Roberto Montero Miguel
Editorial Anaya 2018

La era de los robots ya está aquí; son habituales en nuestras vidas, se presentan en diferentes formas: juguetes inteligentes, gadgets y wearables, coches autónomos, robots domésticos, brazos robóticos industriales, etc. Los robots forman parte de nuestro presente y formarán parte del futuro, por ello es esencial conocer cómo funcionan, de qué se componen, cómo se construyen, y lo más importante, cómo se programan para dotarles de cierta inteligencia. Pensado para los más jóvenes, con un diseño muy gráfico, y estructurado de forma práctica y entretenida, invita al joven lector a la reflexión para dar la solución a los problemas técnicos que se plantean. En esta obra se presentan los conceptos más básicos del mundo de la electrónica, la robótica y la programación. Se trata de un libro más práctico que teórico, con definiciones de conceptos muy básicas reforzadas mediantes experiencias prácticas y con el objetivo de ofrecer una introducción inducida hacia el pensamiento computacional tan necesario en la era digital actual.

3.5.19

A volta ao mundo en 80 días

Novela que formou parte dos títulos de cabeceira de moitas xeracións, malia que o lectorado galego tivo que acceder a elas a través dunha lingua que non era de seu.
A volta ao mundo en 80 días de Jules Verne
Editorial Xerais 2008

Phileas Fogg, un frío gentleman inglés, acompañado de Passepartout, enfróntase coa aposta de que será capaz de dar a volta ao mundo en 80 días. Para demostralo, Fogg xoga 20.000 libras (a metade da fortuna que posúe). Uns días antes da súa partida, en Londres ocorre un roubo nun banco e o detective Fix sospeita de Fogg pola cantidade de diñeiro que leva enriba e pola repentina saída de Inglaterra.Esta viaxe realízase engaiolando o lector co engado de lle procurar resposta a unha pregunta dobre: ¿Estarán de volta dentro do tempo establecido? ¿Será Mr. Fogg o ladrón, tal e como pensa Fix?

2.5.19

Todo isto antes era noite

Un ramallo de versos que saben á verdade do íntimo e do amor.
Todo isto antes era noite de Lucía Aldao
Editorial Apiario 2018

Primeiro poemario de Lucía Aldao  que fala así do seu libro: "Todo isto antes era noite é un libro que abre tantas cousas como pecha, que ilumina ensombrece a partes iguais. Nel trázase o mapa da aprendizaxe sentimental, e hai unha ruta nocturna que atravesa o mellor e o peor das relación coas demais e comigo mesma. Todo isto antes era noite é un paseo pola intimidade, é entrar e saír. Vas ter que ir de cañas coa autora deste libro."

E fixemos a luz!

Esta obra é  un contributo ás actividades realizadas en Galicia con motivo do Ano Internacional da Luz 2015 e súmase así a un extenso conxunto de iniciativas desenvolvidas polo Comité Galego do AIL.
E fixemos a luz de Salvador Bará
Editorial Alfaomega 2015

Poucos fenómenos naturais teñen tanto poder de estimular a imaxinación e a creatividade da humanidade como a luz. A luz estivo na cerna de todas as revolucións científicas, pois o noso Universo non se comprende sen ela. Nestas páxinas atoparás algúns triscos da súa historia, resóns da vida das persoas que nos axudaron a coñecela e balbordos das controversias que provocou. Tamén terás noticia dalgunhas das súas aplicacións máis recentes, e dos problemas e interrogantes que o seu uso suscita. Unha pequena xanela aberta, nada máis: o inmenso e  marabilloso mundo da luz non cabe en ningún contedor de escala humana.