31.1.22
Coñecemento do Medo, Branca Trigo
Coñecemento do Medo vai de amar a quen nos fire e ferir a quen nos ama, de odiar a nosa herdanza e ensinala con orgullo. Branca Trigo constrúe este estudo empregando o cine de terror como fío condutor. Temede cada verso.
“Son unha covarde que adora os filmes de terror. Chamarédesme masoquista. E é certo. Gústame sufrir; tocar cousas coa lingua para saber se queiman, sentir que esta aprendizaxe térmica me mete o medo no corpo. Memorizo os tempos de repouso. Remexo no que me aterra, porque a valentía e a condición humana son, desde todos os puntos de vista, irreconciliables. E deste ensaio-erro nace o libro”.
“Son unha covarde que adora os filmes de terror. Chamarédesme masoquista. E é certo. Gústame sufrir; tocar cousas coa lingua para saber se queiman, sentir que esta aprendizaxe térmica me mete o medo no corpo. Memorizo os tempos de repouso. Remexo no que me aterra, porque a valentía e a condición humana son, desde todos os puntos de vista, irreconciliables. E deste ensaio-erro nace o libro”.
Simún, Nuria Vilán Prado
“neste lugar / hai unha certa violencia na forma de articular a palabra / verdade”, escribe a autora nesta sorprendente estrea literaria. Simún non só lle serve para indagar na poesía desde distintos ángulos, senón que lle permiten facer un exercicio de coherencia entre a oralidade da súa orixe e as posibilidades da escrita. Poucas veces se dá un debut tan excepcional. Os seus versos, construídos co mesmo vento abrasador que lle dá título ao libro, móvense entre o imprevisible e o cataclismo, entre o atrevemento e a loita cotra unha mesma como índice de xenialidade.
Astérix en Britania, René Goscinny e Albert Uderzo
Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum... Nesta ocasión Astérix viaxará co inseparable Obélix ata Britania para axudar o seu curmán Botórax na defensa da súa aldea, invadida polos romanos.
Astérix e os normandos, René Goscinny e Albert Uderzo
Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...Nesta ocasión, os normandos chegan á aldea gala dispostos a descubrir o que é o medo. Ao bateren con Astérix e Obélix, e co resto dos irredutibles galos, de seguro que o van conseguir.
Astérix nos Xogos Olímpicos, René Goscinny e Albert Uderzo
Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...Nesta ocasión todos os homes da aldea embarcan con rumbo a Grecia para participar nos Xogos Olímpicos e darlles unha vez máis unha malleira aos romanos. Pero as cousas complicaranse cando descubran que non poden usar a poción máxica para gañar.
Astérix e Cleopatra, René Goscinny e Albert Uderzo
Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...Nesta ocasión, Astérix e Obélix enfróntanse a unha nova misión: construír un palacio para a mesmísima Cleopatra!
25.1.22
Concurso de cartas de amor e poesía (San Valentín 2022)
Bases
I. As composicións, que deben ser presentadas de xeito individual, poden ser tan extensas como queirades e terán como temática sentimentos como o amor e a amizade.
II. Poderán estar escritas tanto a man como a máquina ou computador, con boa caligrafía, sen faltas de ortografía, con limpeza e orde, indicando o curso, nome e apelidos da autora.
III. Deberán estar escritas en lingua galega e ser orixinais.
Prazo e lugar de entrega:
O prazo de entrega de cartas finaliza o venres 11 de febreiro ás 11:45 e terán que ser depositadas na urna de San Valentín situada na Biblioteca.
Premios:
Haberá un 1º premio (lote de libros e consumición de bocadillo e bebida para dúas persoas na cafetería do IES) e un 2º premio (lote de libros).
O xurado poderá declarar deserto o premio se as obras non cumpren as bases ou se considera que non teñen a calidade suficiente.
Organizan
Equipo da Biblioteca e de Dinamización Lingüística
24.1.22
Abril, Luz Darriba
Nesta novela, Luz Darriba tece, entre Galicia e o Río da Prata, os fíos dunha manta que nos abeire e nos salve da barbarie. Que salve as súas dúas protagonistas das arremetidas dun escuro mar de dúbidas e mentiras. Dun pasado que esixe reparación e esperanza.
Xoguetes para nenos cegos, Luz Darriba
Xosé rememora os anos da posguerra xunto a Xan, o fillo cego dos Pena Moura, co que medrou servíndolle como fiel guía e recibindo en pago os refugos dos vencedores. «Nesta estreitísima relación flúe o recoñecemento das capacidades de dominio aniquilador e submisión vergonzante, creadoras ambas dunha simbiose osmótica entre dous rapaces que chegan a confundirse no mal, na crueldade e na vinganza», apunta Helena Villar Janeiro no prólogo.
Algúns contos completos, Domingo Villar
Este libro de contos pretende celebrar a vida e a amizade nun encontro, como nas nosas reunións de amigos, entre os meus pequenos relatos e os marabillosos linogravados de Carlos Baonza.
A cidade do átomo, Iria Misa
Tras a explosión no reactor 4 da planta nuclear de Chernóbil todo semella inerte na cidade do átomo. Desde a súa evacuación, Prípiat é unha cidade en ruínas que os pequenos e as pequenas, ante a ausencia de adultos, se afanan por manter en funcionamento. Todos agás Lena Petrova, diferente e solitaria, que non é quen de atopar o seu lugar entre as rúas e edificios baleiros. Non hai nin rastro da súa mellor amiga, Svetlana, e agarda con ansia o regreso da súa nai. Tan só o enigmático Máscara parece adaptarse tan mal coma ela á nova orde das cousas. Que segredo agochará?
Astérix en Italia, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad
Os personaxes creados por Albert Uderzo e René Goscinny volveron! Logo de «Astérix e os pictos» e «O papiro do César», Astérix e Obélix regresan con «Astérix en Italia», o novo álbum asinado polos talentosos Jean-Yves Ferri e Didier Conrad. En «Astérix en Italia», Astérix e Obélix embárcanse nunha gran aventura que fará que coñezan a fondo a sorprendente Italia antiga.
Astérix e os pictos, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad
Chega o novo álbum da colección clásica de Astérix cos personaxes de sempre e moitos novos: varios clans enteiros, de feito! Desta volta, Astérix e Obélix viaxan a Caledonia, a Escocia romana.
19.1.22
Os libros que hai en min, Emma Pedreira
Cando unha pensa que un día sen ler é un día perdido, o fai en calquera parte e o comparte nas redes sociais, corre o risco de que unhas editoras atentas e curiosas lle pidan algo así como unha “biografía bibliográfica”. Un ensaio que percorra a vida dunha bibliópata desde a infancia ata os, poñamos por caso, corenta anos; desde que odiaba ler ata chegar ao punto de desexar non parar de facelo, no que conte as súas vivencias arredor desas obras que supuxeron un antes e un despois. Un texto cheo de humor, amor, anécdotas, digresións e libros. Os libros que hai en Emma Pedreira.
Notas sobre a extinción, Marta Dacosta Alonso
Esta obra nace da capacidade de asombrarnos e descubrirmos a fermosura das pequenas cousas, de comprobar, unha vez máis, que a poesía é quen de borrar os límites do tempo e o espazo e de fixar, coma unha alfaia imprescindíbel, cada unha das palabras que nos construíron e nos negamos a perder. Poesía-antídoto. Poesía-paz. Contemplar e reconciliarnos coa vida. Descubrir que a beleza aínda é posíbel. Retela canda nós.
O cemiterio de barcos, Francisco Castro
David lembra moi ben canto gozaba das vacacións de verán na vila natal do seu pai, cando era neno. Agora ten dezaseis anos e todo é distinto: foi un curso difícil no instituto e nada lle apetece menos que volver á vila de sempre para aburrirse unha vez máis, por moito que o seu pai insista en animalo. Pero así como chega coñecerá a Lucía, unha rapaza que vén de saír dunha relación tóxica e violenta, e xorde entre eles unha complicidade case instantánea. Xuntos descubrirán un segredo soterrado na vila dende hai décadas para así desvelar unha rede corrupta que ameaza con estragar os recursos e o equilibrio da vila e os seus habitantes.
O cemiterio de barcos é unha novela sobre a dignidade e fronte a calquera clase de abuso, e unha alegación en contra da violencia machista.
O cemiterio de barcos é unha novela sobre a dignidade e fronte a calquera clase de abuso, e unha alegación en contra da violencia machista.
O que está escrito nas Estrelas, José Carlos Fernandes
Um horóscopo de assombroso rigor, elaborado com base na sabedoria milenar dos magos caldeus, dos druidas de Stonehenge e dos sacerdotes-astrónomos de Chichen Itza, aliada as mais modernas observações do telescópio Hubble e a capacidade de cálculo dos computadores do CNRS.
A volta á Galia de Astérix, René Goscinny e Albert Uderzo
Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum... Nesta ocasión, por mor dunha aposta, os nosos heroes deben percorrer a Galia e regresar cunha especialidade culinaria de cada rexión. Conseguirano?
O Menhir de Ouro, René Goscinny e Albert Uderzo
Neste fermoso día baixo o sol de Armórica, a apracible calma da pequena aldea gala que tan ben coñecemos rompe de súpeto. Asegurancetúrix, o bardo, xa non atura volver escoitar: «Non, non cantarás!». Desta vez, o seu talento verase recoñecido! Non polos seus «indoutos» veciños da aldea senón polo xurado do torneo dos bardos galos que se celebra no bosque dos Carnutes. O bardo non só ten pensado participar no torneo senón que está convencido de que acadará o máximo galardón: o Menhir de Ouro! Do que si está certo Astérix é de que os terribles rechouchíos do seu amigo desencadearán unha boa pelexa... Por iso, canda o seu inseparable Obélix, acorda acompañar o bardo para protexelo, coa promesa de que, esta vez si, cantará!
11.1.22
Esto no es el C.S.I., Begoña Gil González
Durante la noche de carnaval, aparece, tirado en una cuneta, el cadáver de Pablo, hombre joven y encantador, de un pueblo de Galicia llamado Luanova. Una teniente de la Guardia Civil, Lila Gil, con dos originales ayudantes, Zahe y Gala, y la ayuda inestimable de los perros de ésta, se ocupará de la investigación. Poco a poco irá desentrañando los secretos y mentiras que rodean la vida del muerto.
A revolución vertical, Ngũgĩ wa Thiong'o
Fábula de estilo clásico escrita en Kikuyu e traducida a máis de oitenta idiomas en todo mundo. Unha homenaxe á tradición da literatura oral e dese másico momento compartido que supón ler aos outros. O conto narra a formación do corpo humano como unha discusión entre as súas partes. Brazos e pernas quererán demostrar que son os máis importantes nunha competición que terá como testemuñas o resto de animais, que os tomarán por tolos, e as outras partes do corpo quererán dicir o que opinan. Como acabará todo?
Asteroid Fighters: O Início, Rui Lacas
100 anos sem sobressaltos, defendido por uma nova tropa de elite, munida de indivíduos superpoderosos, os "Asteroid Fighters"… Agora, a Terra depara-se com uma nova e inesperada ameaça…
Virtudes (e misterios), Xesús Fraga
Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor. Xesús Fraga constrúe unha historia que se centra nas vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas marcada pola emigración, historia que tamén é a da segunda metade do século XX, e que vai medrando coma quen vai pintando un lenzo a base de sensacións, recordos, fotografías, o diario dunha nai e a voz das testemuñas que poden contar.
O papiro do César, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad
Dous anos despois do éxito de Astérix e os pictos, os personaxes creados por René Goscinny e Albert Uderzo regresan nun novo álbum escrito por Jean-Yves Ferri e debuxado por Didier Conrad. Un novo e vil personaxe aparece en O papiro do César: Promoplús.
O combate dos xefes, René Goscinny e Albert Uderzo
Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...Astérix adestrando a Abraracúrcix para que se enfronte a outro xefe galo? Que pasou coa poción máxica? Descúbreo en «O combate dos xefes»!