22.6.22

Airiños. airiños aires: O exilio, a música, a poesía...

Recitado de poemas de Florencio Delgado Gurriarán sobre a composición Airiños, airiños aires da nosa Rosalía, musicada por Antonio Jaunsarás, formidábel músico navarro asentado en Ourense que foi organista da catedral, mestre de mestres e compositor. A escolla veu motivada, ademais de pola súa beleza, pola súa temática, pois o homenaxeado deste 2022 é chamado o poeta do exilio.

Podcasts feitos en colaboración coa biblioteca do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro.

21.6.22

Vampir

Curtametraxe con guión, música, interpretación, gravación e montaxe polo Grupo do Terror durante o terceiro trimestre (ao abeiro da lectura de Dracula de Bram Stoker) e o alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato.



Electra en cinco retrincos...

Audiovisual feito por alumnado de Música de 4º da ESO e do club de lectura "A Quenda do Libro" sobre o "Electra" de Eurípides e atmosferas musicais do Expresionismo alemán.



17.6.22

Poesía e música...

O pasado mércores 15 de xuño tivemos unha actividade poético-musical na que Juan Manuel Vázquez puxo música e voz a tres poemas de Lois Pereiro e o convidado Antonio Ricón interpretou algunhas das cancións de Bob Dylan. Foi de mañá no Salón de Actos e para alumnado de 3º e 4º da ESO.



14.6.22

Quendas Estrañas #2

Xa disponíbel o segundo número de Quendas Estrañas, pequena homenaxe ao xénero pulp dende este recuncho da Galiza Profunda.

Nel pódense atopar debuxos e relatos feitos por alumnado do centro, dúas achegas en forma de poesía de Branca Trigo Cabaleiro e Adrián Maceda, madriña e padriño deste número logo do seu fantástico taller de poesía impartido na mañá do 22 de abril no Salón de Actos, así como un marabilloso texto da compañeira de Lingua Castelá e Literatura Isabel Alcántara Lobelle, quen se xubila este curso.



13.6.22

Ti non es de aquí?

TI NON ES DE AQUÍ? edición Xúnior é un xogo de mesa no que os e as participantes deben demostrar os coñecementos que teñen sobre Galicia/Galiza e sobre outros temas de cultura xeral, contestando as cuestións que van xurdindo no xogo, divididas en 4 bloques ou áreas temáticas: 1. lingua; 2. ciencias, xeografía, recursos; 3. historia, patrimonio, tradicións, persoeiros, e 4. cultura xeral, actualidade. As tres primeiras categorías son específicas sobre o noso País. O xogo combina as preguntas con mini-retos que van poñer a proba as e os participantes en habilidades coma o debuxo ou a mímica, por exemplo.



Bulleira. As abraiantes aventuras de Mariña 2, Ignacio Hernández, Miguel Robledo e Simón Blanco

Galicia leva máis dunha década na escuridade logo dun apagón que fixo desaparecer a electricidade. Mais polos negativos e positivos investigan como recuperar as enerxías. Quen gañará o desafío?
Segundo volume da serie de aventuras protagonizada por Mariña. Unha frenética aventura na que a moza coñecerá o amor, a perda e a traizón a través dunha chispeante viaxe por lugares resucitados, personaxes de lenda, monstros estremecedores e moitos máis segredos no Camiño de Santiago.



O destino de Kameko, Abel Alves e Jorge Campos

Chiharu é unha moza orfa salvada da morte por unha misteriosa guerreira. Quen é esa nena que leva semrpe unha tartaruga no alto da cocorota? Por que quere apreixala o máis desapiadado asasino do imperio?
Abel Alves e Jorge Campos compoñen unha trepidante historia de aventuras, unha homenaxe á cultura do Xapón. Unha lectura que te vai deixar sen alento.



Gazafellos, Fon

Quen che contou que os Gazafellos non existen? Abofé que existen. E son ben graciosos e extravagantes. Descubre que aventuras lles pasaron a Mauro e Tiago cando coñeceron a Fede e o seu mundo se revolucionou.



Galicia infinda Florencio, Delgado Gurriarán

“Galicia infinda” é unha colleita de poemas a través de vinte anos de traballo de Florencio Delgado Gurriarán, onde as tres primeira partes (“Cantarenas”, “Valdeorras” e “Castiñeiros”) recordan o estilo animista de Bebedeira (Nós, 1934), a súa primeira obra. Mais a novidade chega nas dúas últimas partes, onde inclúe algunhas mostras de poesía civil de temática galega (“Varia”) e, sobre todo, nos “Poemas mexicanos”, con novas poesías cun ton distinto e con trazos da cultura mexicana e da música do país, que o autor denominou como exemplos de “creoulismo multiétnico”.



7.6.22

El último diciembre infinito, Xosé Duncan

¿Qué sucedería si cruzar ese umbral de la muerte no fuese el último paso que damos? Tal vez, justo después de ese segundo en el que dejamos de respirar, nuestros pies pisen las nieves perpetuas que cubren la colina.
Diciembre no es un momento, es un lugar. Es una tortuosa y retorcida espiral que asciende por la ladera nevada y a veces, entre las escasas briznas de hierba que perviven, deja aparecer una puerta de madera azul.
El hombre solitario cruzará una puerta tras otra. Vivirá, en su muerte, el último día de vida de otras almas que, como la suya, agonizan en la espera de que ese nuevo viaje sea el último.



Friaxe, Raposa

Raposa e Yolanda Castaño propoñen nesta banda deseñada unha viaxe espacial ata un futuro incerto navegando polos versos de Novalis ... Deixtae levar... Non é oxímoro dicir que a noite do espazo exterior e de Novalis poden seguir deitando luces.



Nación Mar, Xosé Iglesias

Nación Mar é un berro de vida, unha chamada de atención sobre un ecosistema que loita por sobrevivir sen perder a súa esencia. As súas fermosas evolucións ilustradas transmítennos perfectamente a beleza deste fascinante universo, a simbiose entre os seus moradores e o valor dos coñecementos nados da experiencia, ás veces tráxica, sempre esforzada, convertida nun tesouro transmitido a través de xeracións.



Caballero Luna

Vestido de negro y plata llega un ser para enfrentarse a villanos como Jack Russell el licántropo y otros enemigos. Disfruta de una apasionante aventura y descubre la fuerza y habilidades de uno de los personajes Marvel del momento.
Adéntrate en esta historia gracias a este Tomo 1 y disfruta de todas las primeras apariciones del Caballero Luna. ¡Un mercenario temido en toda la ciudad por su fuerza y descontrol!



El Asombroso Spiderman

La saga que cerrará multitud de tramas y despejará gran parte de las incógnitas abiertas desde el arranque de “Un nuevo día”. ¿Quién ha estado aterrorizando Nueva York bajo la identidad de Amenaza? ¿Quién está detrás de los asesinatos de las rastreadoras arácnidas? ¿Quién será el nuevo alcalde de Nueva York?



Los Vengadores. Visión y La Bruja Escarlata

La más extraña pareja de superhéroes ha dejado su puesto en los Vengadores para buscar la paz que se le ha negado todos estos años. En Leonia (nueva Jersey) les espera una nueva vida, pero no tan convencional como a ellos les gustaría. Una historia sorprendente, donde sale a la luz uno de los mayores misterios del universo Marvel.



Akamatsu y seven (macarras in love), Shoowa e Hiromasa Okujima

El mejor momento del día para Akamatsu, un macarra de instituto, es su cita para partirse los piños con Seven, un joven sin techo adicto a la limpieza que vive en el parque cerca de su casa. Después de observarlo en secreto durante una temporada, Akamatsu queda impresionado por la generosidad que demuestra hacia otros desfavorecidos y, para combatir las habladurías de las marujas del barrio, decide invitarlo a vivir con él.



Versos para Musas e catro contos de Edgar Allan Poe, Edgar Allan Poe

Unha das escasas traducións ao galego de catro dos contos máis clásicos dun clásico da literatura universal e, por vez primeira, unha completa e coidada escolma da súa poesía romántica.
Dous artistas unidos a través do espazo e do tempo neste libro; co amor, a ausencia e a morte como nexo e razón para que Fernando Mircala seleccione e ilustre unha vintena de versos e algúns contos de Edgar Allan Poe.



Great Teacher Onizuka!, Toru Fujisawa

El profe más macarra, mítico y querido del manga vuelve con una nueva edición de Great Teacher Onizuka!
Eikichi Onizuka en sus años mozos era un pandillero, pero ahora se dispone a conseguir el título de profesor y buscar trabajo en un instituto. La suerte parece sonreírle cuando encuentra trabajo en un instituto privado, aunque lo que no sabe es que sus antecesores en la clase que le toca acabaron a cada cual peor. Su dedicación para convertirse en el mejor profe y el odio a los sistemas de enseñanza tradicionales se verán puestos a prueba, usando los métodos menos ortodoxos, ilegales y locos.



Baixo o pantano, Ángela Curro

Ángela Curro ofrécenos nesta BD de ciencia ficción, unha aventura nun futuro próximo en que as viaxes no tempo están comercializadas e ao alcance de calquera, pero tamén teñen uns límites que é mellor non cruzar. Un libro que non poderás soltar ata chegar ao final.



Saudades d’alborada. Baladas e zarzuelas galegas, Loli Crespo e Alejo Amoedo

A soprano Loli Crespo e o pianista Alejo Amoedo exploran neste disco os xéneros da balada galega e a zarzuela galega, nun percorrido histórico que, desde os románticos Juan Montes ou José Castro «Chané», chega á produción contemporánea da compositora María Mendoza.



Bebedeira, Florencio Delgado Gurriarán

En 1934 Florencio Delgado Gurriarán publicou, na Editorial Nós, Bebedeira, trinta e dous poemas, dos que algúns deles xa viran a luz en revistas e xornais, onde as árbores, as plantas e a paisaxe adquiren características de personaxe central en poesías de corte sensorial evocadoras da cosmogonía valdeorresa, que teñen a viña e o viño como centro, achegando imaxes e metáforas que converten o poemario no máis importante do hilozoísmo galego, polo que recibiu notables gabanzas da crítica do momento.