Na mañá do luns 19 de xuño no Salón de Actos, charla-encontro con Manuel Rodríguez Calviño sobre o cultivo e traballo tradicional do liño. Actividade feita en colaboración con Os Casares. Mil grazas!
22.6.23
Taller de BD e manga con Simón Blanco...
21.6.23
Lamañazo Rock: agradecemento!
20.6.23
Almorzo Saudábel para 4º ESO A!!!
Na mañá de onte luns 19 tivo lugar o almorzo saudábel da man da cafetería do centro para a aula gañadora do concurso Ovos de Pascua organizado por Biblioquendas, que foi 4º ESO A do titor José Luis Rodríguez Puente. Parabéns!!!
14.6.23
Malas novas no Lamañazo: TÍAM GZ caen do cartaz...
Malas novas: por mor da troca de día do Lamañazo TÍAM GZ non poderán acompañarnos este xoves por motivos laborais.
Pedimos desculpas ao público que contaba coa súa presenza nesta primeira edición do festival.
Agradecemos de corazón á banda toda a súa disposición e interese dende o comezo, e todas as voltas que deron para tentar acudir na nova data. Mais non foi posíbel.
Agardamos poder argallar algo con eles nun futuro próximo.
No seu lugar fará o seu debut como DJ para o gran público a nosa Laura, cun listado de cancións que non deixará a ninguén indiferente...
En breve publicaremos os novos horarios... vémonos o xoves!
7.6.23
Lamañazo Rock: cuarta banda confirmada!
6.6.23
Lamañazo Rock: terceira banda confirmada!
4.6.23
Lamañazo Rock: segunda banda confirmada!
A música tradicional virá da man das Searas nesta primeira edición do festival, formación cunha xa longa andaina polas festas e celebracións da bisbarra.