Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións familiares se mesturan con acontecementos repentinos, a narradora fálanos da familia e da parella, dos lazos que non se escollen, pero tamén do loito, da amizade e da capacidade da literatura para recoller aquilo ao que nos custa poñerlle nome.
14.11.23
Xerusalén, Xerusalén!..., Xoán Bernárdez Vilar
Ao descer do vehículo deime de fuciños con algo absolutamente inesperado. Un rótulo comercial en hebreo, en árabe e en inglés anunciaba: «Vigo Fashions». Había moitos Vigos no mundo. Máis de que se podería tratar? Achegueime.
Palestina, crónica de una injusticia, Ghaleb Jaber Ibrahim
Palestina, crónica de una injusticia es una larga historia que Ghaleb Jaber Ibrahim aborda con valentía en este libro, con rigor histórico y con el ánimo de divulgar las injusticias padecidas por su pueblo desde finales del siglo XIX hasta el presente siglo XXI.
Prácticas e innovacións pedagóxicas no contexto rural galego: as “Escolas Agrícolas” (anos 50-60 do s. XX) como expresión da Escola Nova, Xoel Gutiérrez Roca
A acción escolar impulsada polo empresario agrario lucense Antonio Fernández a fins dos pasados anos 40, coa necesaria contribución do profesor Avelino Pousa Antelo e a continuadora de Valentín Arias, mereceu diversa atención desde os estudos de Historia da Educación e vén de ser analizada de novo por parte do profesor Xoel Gutiérrez a través dun coidado Traballo de Mestrado, baixo a titoría de Antón Costa.
Filosofía en plural, Grupo Doxa
Esta obra, editada polo servizo de publicación da Deputación de Lugo, conta con 200 artigos do grupo de pensamento DOXA publicados na columna do xornal El Progreso, “O voo da curuxa”, entre os anos 2012 e 2017. Os textos están organizados en cinco categorías: Filosofía, Educación, Políticas, Cultura e Antropoética, e segundo os autores pretende trasladar o pensamento do ámbito académico ao ámbito do público.
Chantada e A Ulloa
Galicia está chea de ríos, montes, praias, carballeiras e infinidade de recunchos que sempre serven de inspiración para calquera manifestación artística como a pintura, a poesía, a literatura, a música, o canto ou o baile. Nesta colección descríbese cada comarca rigorosamente e con todas as súas características coa pretensión de divulgar e coñecer máis profundamente o noso medio.
2.11.23
Tea rooms. Mujeres obreras, Luisa Carnés Caballero
Corren los años treinta en Madrid y las trabajadoras de un distinguido salón de té cercano a la Puerta del Sol ajustan sus uniformes para comenzar una nueva jornada laboral. Antonia es la más veterana, aunque nunca nadie le ha reconocido su competencia. A la pequeña Marta la miseria la ha vuelto decidida y osada. Paca, treintañera y beata, pasa sus horas de ocio en un convento y Laurita, la ahijada del dueño, se tiene por una «chica moderna». Únicamente Matilde tiene ese «espíritu revoltoso» que se plantea una existencia diferente. Todas trabajan por un salario de hambre y una absoluta falta de expectativas.
Peachtree City, Mario Obrero
MARIO OBRERO (Madrid, 2003) comenzó a escribir a los siete años. En 2018, su libro Carpintería de Armónicos resultó ganador del XIV Premio de Poesía Joven Félix Grande. En 2019, publicó su segundo libro Ese ruido ya pájaro. Actualmente es alumno de Humanidades en el instituto público La Senda de Getafe.
Ninfa rota, Alfredo Gómez Cerdá
Marina ha descubierto que su corazón ya no le pertenece, ya no es dueña de él. Se ha enamorado de Eugenio, el chico con el que sale, y poco a poco va descubriendo que tampoco es dueña de sus actos. ¿Por qué se va alejando de sus amigos? ¿Por qué Eugenio impone siempre su voluntad? La brusca ruptura de la relación complicará aún más las cosas.
Utopía. Una aventura filosófica, Ana Alonso
Lía tiene fama de chica problemática y conflictiva. Este verano participa en un campamento de desintoxicación para adolescentes enganchados a las nuevas tecnologías. Aislados del mundo, en un impresionante paraje natural de Menorca, los jóvenes participantes pronto descubren que su experiencia va a resultar diferente de lo que esperaban. Para empezar, la primera noche aparece un pájaro muerto en la cama de la monitora. Y todos los dedos señalan a Lía como la culpable. Para defenderse, tendrá que encontrar buenos argumentos. ¿Quién será el responsable?
Materia, Yolanda Castaño
Legados, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líquida versión capaz de humectar as raíces antepasadas, coma na solidez do que hoxe nos conforma mesmo se só asoma unha parte, ata a volatilidade gasosa dun futurible familiar. Dende a memoria histórica aos clarescuros da renuncia á maternidade se tratan nesta poderosa proposta poética de Yolanda Castaño na que cada estado da materia se expresa nun propio ton.
Vieiros
Vieiros, subtitulada como “Revista do Padroado da Cultura Galega de México”, é unha revista galega, cultural e literaria, creada México en 1959 no seo do Padroado da Cultura Galega a través da iniciativa dun grupo de galegos exiliados e comprometidos con esta institución. O seu propósito era recoller nas súas páxinas “calquera idea literaria artística e filosófica, sempre que fose antifascista e non se apoiase na ditadura”, creando unha publicación galega de calidade no exilio e servindo de ponte entre exiliados e galegos en España.
En 1989 Edicións A Nosa Terra publicou esta edición facsimilar prologada por Margarita Ledo Andión.