12.12.24

Tu primer pasado Juan Suárez Quintanilla y Alejandro García-Pérez

Tu primer pasado es la historia de tu vida antes de que nacieses. Un viaje por las diferentes etapas de tu desarrollo, desde la primera célula, hasta convertirte en el ser humano que eres en la actualidad.
Juan Suárez Quintanilla y Alejandro García-Pérez —ambos médicos, investigadores y amigos unidos por sus pasiones compartidas por la anatomía, la divulgación científica y la ilustración medica— han escrito esta obra apasionante, llena de rigor, en la que entretejen la formación de todos los sistemas del cuerpo humano. Cada capítulo, bellamente ilustrado por Alejandro, va recorriendo el desarrollo embriológico en el útero materno, con pinceladas evolutivas, historia de la medicina y múltiples curiosidades.



Besta do seu sangue, Emma Pedreira

Besta do seu sangue relata, con grande orixinalidade, unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha visión que propugna unha revisión de xénero. Disposta como un conxunto fluído de microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial para vencellar as voces partícipes da historia e da creación do mito nacido arredor da persoa que foi considerada a primeira asasina en serie da nosa historia.



Gramática. Português Língua Não Materna. Níveis B1, B2 e C1

• Inclui conteúdos de todos os domínios da Gramática, recorrendo a exemplos e a usos atuais da língua em diferentes contextos.
• Explora de forma independente o domínio do Texto.
• Mobiliza conhecimentos culturais, através de letras de canções, poemas, anedotas, provérbios, entre outros.
• Rentabiliza os conhecimentos sobre outras línguas.
• Inclui exercícios dos níveis B1, B2 e C1, e as respetivas soluções.



Gramática. Português Língua Não Materna. Níveis A1 e A2

Elaborada de acordo com o Quadro Europeu Comum de Referência para as Línguas (QECR) e o Quadro de Referência para o Ensino Português no Estrangeiro (QuaREPE), esta gramática é um instrumento de trabalho completo e de fácil consulta.



O gran caderno, Ágota Kristóf

Nunha sucesión de escenas tranquilamente horribles, O gran caderno preséntanos sen enfeites, sen un chisco de sensiblería, unha fábula incisiva sobre as desgracias da guerra e do totalitarismo, máis tamén é unha auténtica novela de aprendizaxe dominada polo humor negro. Na gran vila que ocupan os exércitos estranxeiros, a vida tornou imposible. A seca ameaza. Así pois, unha nai conduce aos seus fillos ao campo, á casa da súa avoa. Terrible avoa: analfabeta, porca, avara, mala e mesmo asasina, dálles unha vida ben dura aos xemelgos. Lonxe de se deixar abater, estes aprenden sós as leis da vida, da escrita e da crueldade. Abandonados a si mesmos nun país preso pola guerra, privados do máis mínimo referente moral, dedícanse a anotar cada día, nun gran caderno, o balance dos seus progresos e a lista dos seus logros.



Feliz Idade, Olga Novo

Con “Feliz Idade”, Olga Novo tende unha mecha desde a xeración que a precedeu á que lle segue; entre o onte e o mañá da estirpe, alén do pasamento do pai e da nenez da filla. Nese punto, no territorio puro e esperanzado do presente, estes versos ofrécennos o avanzar dun lume libertario ao que os seus lectores asistimos enmeigados e pampos.



4.12.24

Historia do fútbol feminino en Galicia, Héctor J. Pena

A publicidade dunha marca de brandy insistía hai varias décadas en que o fútbol era cousa de homes. Mentira! A relación da muller co deporte rei comeza milenios antes da súa estandarización por parte dos ingleses en 1863, resistindo heroicamente desde aquela a todos os intentos de afastalas da súa práctica. En Historia do fútbol feminino en Galicia repásase todo ese traxecto de resiliencia e sororidade, con especial énfase na súa historia en Galicia, desde os tempos da pioneira, Irene González, ata a actualidade, en que a xeración de ouro das Vero Boquete, Mari Paz Vilas e compañía comeza a deixar paso a unha nova fornada de talentos, narrado cun estilo ameno, pero rigoroso, que se combina con entrevistas ás protagonistas e outras colaboracións de primeiro nivel.



Como aprendín a ler, Agnès Desarthe

Agnès Desarthe explica con humor a súa tortuosa relación coa lectura e como se resistiu a ela durante a infancia e a adolescencia, ata que, xa en plena universidade, deu co libro axeitado. Hoxe, a palabra escrita ou lida é o seu medio de vida.



Pegadas na tinta, Clara Vila-Amado

Unha historia de intrigas e traizóns no Alto Exipto. Hermontis é unha cidade tranquila, lonxe da trasfega cosmopolita de Menfis e do esplendor crecente de Tebas. Nun lugar así non acontecen grandes tramas. Por iso, o intento de asasinato do gobernador foi tan inesperado. Como ían imaxinar Harsa e Takara que a investigación dun pequeno incendio os levaría a esclarecer un caso tan importante?



Lisístrata, Aristófanes

Na Antiga Grecia, atenienses e espartanos levan anos enfrontados nunha cruenta guerra que non parece ter fin. Fartas de tanta violencia, inxustiza e soidade, as mulleres, lideradas pola afouta Lisístrata, deciden tomar as rendas da situación e inician unha folga sexual para conseguir a paz.



Hotel Carioca, Antón Riveiro Coello

Helena ten 13 anos e os domingos lelle á avoa as cartas que envía o seu tío favorito, Leandro, que marchou ao Brasil e xa nunca volveu. Un día chega unha que informa da súa morte nun accidente de tráfico en Río de Xaneiro. A familia sospeita que foi asasinado e fala con Helena para lle facer unha encarga insólita: deberá mantelo con vida para que a avoa non o saiba. Deste xeito, Helena escribirá esas cartas do Brasil e converterase nunha escritora precoz, construíndo unha realidade alternativa que nos descubrirá os misterios dunha morte inesperada e todos os silencios dunha familia tocada pola emigración e a desgraza.



Português. Dicionário de Português Língua Não Materna

O Dicionário ilustrado - Dicionário de Português Língua Não Materna - pretende ser um apoio útil na aprendizagem da língua portuguesa.
Organizado por temas, as suas páginas coloridas ilustram de forma clara mais de 1300 palavras e expressões agrupadas em 47 blocos.
As cores em que estão escritas identificam o nível de aprendizagem a que estão associadas. A cor vermelha corresponde ao nível de iniciação, a cor azul ao nível intermédio e a cor verde ao nível avançado.