28.3.25

Río Carne, Rafa Lobelle

Este cadro non ten música
a lúa apágase e medra de novo o negro
logo un berro fende o marco
polo centro.

a reprodución da carne non asegura o éxito da especie
a reprodución da carne tan só é unha metamorfose
un xeito de gañar tempo.



O eco das amazonas, Baldomero Moreiras

O Eco das Amazonas é unha homenaxe á MULLER, a creación dun retablo.
Entendendo como Amazonas todas aquelas sagaces que souberon levar as rendas das súas vidas, do seu talento, da súa intelixencia a niveis sobresaíntes en todas as disciplinas intelectuais das Artes e das Ciencias. A pesar de teren sido silenciadas, a resonancia…, o Eco do seu bo facer aínda se escoita. Esas Amazonas seguen vivas, PROCURÉMOLAS! Tomando como fío musical a delicada partitura de Maurice Ravel: Pavana para unha Infanta Defunta.



Física elemental, Rafa Lobelle

AIRE
en movemento
vento
que todo o leva
volvendo
o que levaches
AIRE
en movemento



Carteis. Cartazes. Affiches, Baldomero Moreiras

Baldomero Moreiras , creador incansable de obras de moi diversos formatos e disciplinas, recolle neste libro boa parte das súas obras en papel, que posteriormente foron reproducidas en forma de carteis, postais ou placas conmemorativas.
A través das voces de tres profesionais e amigos do autor, móstranse aquí o modo de pensar de Baldomero Moreiras e a creación destes carteis, que son, á súa vez, un claro exemplo do imaxinario colectivo da provincia de Ourense.



Púrpura Tero, David Cortizo Conde

Ausela pérdese na gran chaira deserta que cobre case totalmente Púrpura Tero, e busca acubillo nunha cova, onde agarda a que a súa cuadrilla a atope, mentres non deixa de pensar no obxecto que viu caer desde o espazo. No seu planeta abrolla unha planta con propiedades especiais moi cobizada por toda a galaxia. Se desen con ela, podería significar a fin da vida dos chairegos tal e como a coñecen. Ausela e a súa cuadrilla terán que facer fronte a unha ameaza insospeitada para salvar a vida e a súa cultura. Unha aventura no tempo e nos espazos futuros.



Campeonex, Javier Fesser

Nuestro equipo de “campeones” abandona el baloncesto para adentrarse, por error, en el fascinante mundo del atletismo de la mano de una entrenadora novata. Entre las duras exigencias de la nueva disciplina y la sorprendente capacidad de la entrenadora para atraer todo tipo de desgracias y calamidades, todo acabará saliendo del revés.



13.3.25

Antigo Folión de carros, Xavier Viana

Antigo Folión de Carros reúne textos publicados entre 1877 e 1964 nos que se fai referencia ao Folión de carros. Este libro entra de cheo no incerto terreo de situar esta festa en tempos pasados. Sen testemuñas orais. Sen documentos gráficos. Só algunha crónica e información puntual escrita na prensa local e rexional da época.
Antingo Folión de carros non ofrece respostas, en realidade aínda crea máis dúbidas sobre a orixe e configuración cultural do Folión de carros de Chantada.





Palabras de pedra, Ginés Cruz

Palabras de pedra é a historia dunha decisión. O protagonista, un home con autismo de alto rendemento, decide realizar unha viaxe acompañado do seu fillo Guille, autista moito máis afectado, o que suporá para el ter que tomar decisións en solitario, renunciando á seguridade de todos aqueles que sempre estiveran pendentes del (pais, irmáns, exesposa). A odisea que nos propón Palabras de pedra non é a viaxe en si, senón todas as vicisitudes que o personaxe principal debe sortear ata que chega o momento mesmo de subir ao avión e emprender a viaxe co seu fillo.



A arquitectura bieita do Condado de Pallares: Os mosteiros femininos desaparecidos, Alberta Lorenzo Aspres

Trátase dos seis mosteiros femininos da orde beneditina que existiron nos territorios do antigo condado de Pallares durante a Idade Media. No actual municipio de Carballedo estaban os de San Xoán da Cova e San Vicente de Chouzán; en Chantada, o de Santa María de Pesqueiras; en Taboada, o de Santa María de Xián; en Portomarín, o de San Salvador e en Guntín de Pallares, o de Santa María de Mosteiro.



Quem me dera ser onda, Manuel Rui

Um romance delirantemente divertido e luminosamente redentor. Angola, poucos anos depois da independência. Estamos mais precisamente em Luanda, em anos de esquemas de sobrevivência. Um pai de família desencanta um porco e leva-o para o seu apartamento, no sétimo andar de um prédio. Os filhos, Zeca e Ruca, apaixonam-se perdidamente pelo porquinho.



Basta!, Marion Le Muzic e María Kronsky

Ser muller nesta sociedade implica enfrontarse a comportamentos machistas de forma regular. Como identificar e afrontar esas condutas? Neste cómic atoparás un conxunto de técnicas para que te sintas máis preparada: posturas corporais, defensa verbal, o xiro de cento oitenta graos, a intervención paradóxica, a defensa física… En definitiva, diferentes ferramentas para axudarche a que te sintas máis libre e segura, tanto nos espazos públicos como na esfera privada.



Educación pública republicana, Herminio Barreiro

Educación pública republicana é o texto da valiosa conferencia impartida polo profesor Herminio Barreiro o 12 de abril de 2005 no Círculo Recreativo e Cultural de Chantada. Traza, con exquisita claridade, os fundamentos que sustentan a educación pública na nosa sociedade.
Lamentablemente, 20 anos despois, o anhelo por un sistema educativo laico, xusto e igualitario continúa vixente.



12.3.25

MANUAL DE COMBATE no Lama das Quendas...

 

O pasado venres 7 de marzo estivo no centro a banda chilena de hardcore experimental MANUAL DE COMBATE. Aproveitando a súa xira europea, pasaron pola nosa biblioteca para ter unha charla-encontro co alumnado de Música de 3º e 4º da ESO e de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato.

Tivemos ocasión de coñecer, de primera man, o seu estilo vargandista de facer música e a súa ética "faino-ti-mesmx" (DIY), así como o que se coce en tan lonxanas terras.

Grazas a todas as persoas e colectivos que o fixeron posíbel: FICH, Casino, Cinema Palleiriso, Nigra Mors, I don't give a fuck, así como á directiva do centro por todas as facilidades.