24.1.11

BENVIDA

     Benvidos ao blog da biblioteca do IES Lama das Quendas de Chantada que hoxe estreamos.
     Neste blog tentaremos amosarvos as nosas propostas e todas as actividades relacionadas coa biblioteca e coa comunidade educativa en xeral. Tentaremos que sexa unha ferramenta que contribúa a mellorar a competencia  lectora e ao fomento da lectura.
     Agardamos que vos sexa de utilidade e que colaboredes no seu desenvolvemento.
     Que vos parece se empezamos coñecendo a biblioteca?
     Mirade dúas perspectivas xerais:



Para a busca de información e traballos en rede temos a sección das tics.


Este é o lugar de lectura da prensa diaria e de revistas.

                              
Neste recuncho podemos consultar enciclopedias, dicionarios etc.

Aquí expoñemos as novidades da biblioteca.


Este é o punto de información e préstamos.
    
     Agardamos que este sexa un espazo para o lecer e lembrade que nesta biblioteca temos moito que ver, moito que ler e... moito para aprender.