24.1.11

Concurso de San Valentín

Concurso de cartas de amor
San Valentín 2011



BASES:
1.                       As cartas poden ser tan extensas como vos queirades e deberán ter como temática sentimentos como o amor e amizade.

2.                       Poderán estar escritas tanto a man coma en máquina ou computador, con boa caligrafía, sen faltas de ortografía, con limpeza e orde, indicando o curso, nome e apelidos.

3.                       Deberán estar escritas en Lingua Galega e ser orixinais. 
4.                       As cartas que non cumpran estes requisitos serán excluídas.

PRAZO DE ENTREGA:
Até o  luns 14 de febreiro, día de San Valentín.

LUGAR DE ENTREGA:
Na urna de San Valentín situada na Biblioteca do IES.

PREMIOS:
Tres premios de Consumición (Bocadillo e bebida), para unha parella na Cafetería do IES e regalo especial de San Valentín.

ORGANIZAN:
Biblioteca e Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

Ningún comentario:

Publicar un comentario