24.1.11

BENVIDA

     Benvidos ao blog da biblioteca do IES Lama das Quendas de Chantada que hoxe estreamos.
     Neste blog tentaremos amosarvos as nosas propostas e todas as actividades relacionadas coa biblioteca e coa comunidade educativa en xeral. Tentaremos que sexa unha ferramenta que contribúa a mellorar a competencia  lectora e ao fomento da lectura.
     Agardamos que vos sexa de utilidade e que colaboredes no seu desenvolvemento.
     Que vos parece se empezamos coñecendo a biblioteca?
     Mirade dúas perspectivas xerais:



Para a busca de información e traballos en rede temos a sección das tics.


Este é o lugar de lectura da prensa diaria e de revistas.

                              
Neste recuncho podemos consultar enciclopedias, dicionarios etc.

Aquí expoñemos as novidades da biblioteca.


Este é o punto de información e préstamos.
    
     Agardamos que este sexa un espazo para o lecer e lembrade que nesta biblioteca temos moito que ver, moito que ler e... moito para aprender.





4 comentarios:

  1. Benvidos á blogosfera. Saúdos desde a bilbioteca "O bosque animado" do IES Afonso X O Sabio (Cambre)

    ResponderEliminar
  2. Xenial! Espero que fagades moitas actividades (e que valoredes o que é ter unha biblioteca onde non che cobran canon...).

    ResponderEliminar
  3. A biblioteca do instituto o lugar para estudiar e xogar aos ordenadores au se queres ler unha revista ou reservar un libro.
    Se queres non aburrirte nun día de choiva ven a biblioteca a disfrutar dun bo recreo.

    ResponderEliminar
  4. Hay que reconocer que el blog está trabajado, espero que siga siendo asi a lo largo del curso.
    Por cierto, se dijo algo de una sección dedicada a comentar libros de lectura, pero no la pude encontrar. ¿ Está en construcción todavía esa sección ?

    ResponderEliminar