9.2.11

BASES DO CONCURSO DE COMPARSAS

Data de celebración:4 de Marzo de 2011
  XURADO: estará composto por profesorado, algún pai e/ou nai, alumnado e persoal non docente; solicitamos voluntarios interesados (comunicalo en Dirección).

  PUNTUACIÓN: o xurado cualificará de 0 a 5 puntos, ata acadar un máximo de 30, atendendo aos seguintes criterios:
·    creatividade e orixinalidade dos disfraces
·    esforzo invertido no traballo
·    representación, coreografía, música, letras, etc.)
·    participación visíbel de todo o grupo (mesmo coa intervención dos titores e titoras)
·    reutilización de materiais usados
·    limpeza e orde na aula

  A puntuación obtida por esta actividade será acumulábel para o concurso “a aula+sostíbel”, dado que hai importantes compoñentes relacionados coa participación e colaboración entre o alumnado e o relativo ao orde e limpeza da aula.

  Para evitar que interpreten mal o sentido da actividade transmitirémoslle ao alumnado a obriga de non traer ningún obxecto nin material relacionado co entroido (utilizado para a preparación da súa comparsa) ata o mesmo día da actividade (venres 4 de marzo). Asimesmo, fóra da hora de titoría (se o titor ou titora decide aproveitar esa sesión para isto) non se tratará este tema ata ese día. Os alumnos que queiran falar de como organizalo, repartir tarefas anticipadamente, etc., que o fagan nos recreos e fóra das horas de clase.

  Calquera problema que a xuízo do xurado altere o normal desenvolvemento da actividade, como que un alumno deixe un baño sucio ou se produza algún deterioro, suporá a descalificación dese grupo. Se a falta se considera grave restaránselle 10 puntos do concurso.

  Quedarán excluídas do concurso aquelas persoas que boicoteen o normal desenvolvemento do mesmo.

  Todos os participantes no concurso, comprométense a aceptar as presentes Bases, así como o criterio interpretativo do xurado cuxa decisión será inapelábel e a renunciar a calquera tipo de reclamación ao respecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario