22.3.11

Lois Pereiro. As armas da paixón

Lois Pereiro é o escritor ao que se lle adican as letras galegas neste ano 2011. Este vídeo acercanos ao poeta monfortino e axúdanos a coñecelo un pouco máis.


21.3.11

O libro

Vídeo de fomento da lectura do Consejo de la Comunicación de México.

16.3.11

Xogos populares

Xa podedes ver unha escolma de fotos dos xogos populares.

14.3.11

Buscamos unha mascota para a biblioteca



APROVEITA AS TÚAS HABILIDADES DESEÑA UNHA MASCOTA PARA A TÚA BIBLIOTECA.
BASES:
1- PODERÁ PARTICIPAR CALQUERA MEMBRO DA COMUNIDADE EDUCATIVA.
2- OS TRABALLOS TERÁN QUE SER ORIXINAIS E IRÁN ACOMPAÑADOS DO NOME DA MASCOTA.
3- A TÉCNICA SERÁ LIBRE, PODENDO SER: DEBUXO, PINTURA, CERAS, ACUARELA…( Non se admitirán traballos feitos con medios dixitais)
4- O PREMIO SERÁ UN LOTE DE MATERIAL ESCOLAR VALORADO EN 30€
5- OS TRABALLOS PRESENTARANSE NA BIBLIOTECA EN SOBRE PECHADO E SEN NINGUNHA IDENTIFICACIÓN EXTERIOR. DENTRO IRÁN O DESEÑO CO NOME DA MASCOTA E NUN SOBRE PEQUENO O NOME DO AUT@R, CURSO E NOME DA MASCOTA QUE PROPÓN.
6- O PLAZO DE PRESENTACIÓN É ATA O 12 DE MAIO.
(No caso de que o xurado considere que os traballos non teñen a calidade suficiente o premio poderá declararse deserto)

11.3.11

Fotos entroido 2011

Aquí che presentamos unha pequena escolma do que foi o entroido no noso IES. Agardamos que o pasaras ben e que che gusten as fotografías.


1.3.11

ANTROIDO




EQUIPOS DE TURRA-SOGA E PANO

Cada clase ten que escoller dous equipos mixtos de cinco persoas (a ser posible, diferentes), un para a competición de turra-soga, e outro para o de pano.

Mediante quendas eliminatorias decidiranse os equipos que pasan de fase (na competición de turra-soga farase ao mellor de tres), seguindo a seguinte estrutura:

Liga de 1 ESO
1ESOA vs 1ESOB
1ESOA vs 1ESOC
1ESOB vs 1ESOC

Liga de 2 ESO
2ESOA vs 2ESOB

Liga de 3 ESO
3ESOA vs 3ESOB
3ESOA vs 3ESOD
3ESOB vs 3ESOD

Liga de 4 ESO
4ESO A vs 4ESO B

Liga de 1BACH
1BACHA vs 1BACHB

Liga de 2BACH
2BACHA vs 2BACHB

En 1º e 3º de ESO teranse en conta os resultados parciais para evitar posteriores empates.

Na segunda quenda, enfrontarase os vencedores de cada liga do seguinte xeito:
1ESO vs 2ESO
3ESO vs 4ESO
1BACH vs 2BACH

E por último, farase unha competición final entre os tres grupos que queden, decidíndose os tres primeiros postos.

A puntuación para o concurso da Aula+Sostíbel quedará como segue:

1º clasificado: 20 puntos
2º clasificado: 12 puntos
3º clasificado: 8 puntos

Por participar cada clase terá 5 puntos.

COMPETICIÓN DE CHAVE

A competición de chave será individual (non poden coincidir cos equipos de turra-soga e pano), e farase o calendario segundo o número de participantes.

A puntuación para o concurso da Aula+Sostíbel quedará como segue:

1º clasificado: 20 puntos
2º clasificado: 12 puntos
3º clasificado: 8 puntos

Por cada alumno que participe, a súa clase recibirá 1 punto.

PARA ANOTARSE, AVISAR A JUAN MANUEL VÁZQUEZ ANTES DO XOVES 3 DE MARZO (ESTE INCLUSIVE).