1.3.11

ANTROIDO




EQUIPOS DE TURRA-SOGA E PANO

Cada clase ten que escoller dous equipos mixtos de cinco persoas (a ser posible, diferentes), un para a competición de turra-soga, e outro para o de pano.

Mediante quendas eliminatorias decidiranse os equipos que pasan de fase (na competición de turra-soga farase ao mellor de tres), seguindo a seguinte estrutura:

Liga de 1 ESO
1ESOA vs 1ESOB
1ESOA vs 1ESOC
1ESOB vs 1ESOC

Liga de 2 ESO
2ESOA vs 2ESOB

Liga de 3 ESO
3ESOA vs 3ESOB
3ESOA vs 3ESOD
3ESOB vs 3ESOD

Liga de 4 ESO
4ESO A vs 4ESO B

Liga de 1BACH
1BACHA vs 1BACHB

Liga de 2BACH
2BACHA vs 2BACHB

En 1º e 3º de ESO teranse en conta os resultados parciais para evitar posteriores empates.

Na segunda quenda, enfrontarase os vencedores de cada liga do seguinte xeito:
1ESO vs 2ESO
3ESO vs 4ESO
1BACH vs 2BACH

E por último, farase unha competición final entre os tres grupos que queden, decidíndose os tres primeiros postos.

A puntuación para o concurso da Aula+Sostíbel quedará como segue:

1º clasificado: 20 puntos
2º clasificado: 12 puntos
3º clasificado: 8 puntos

Por participar cada clase terá 5 puntos.

COMPETICIÓN DE CHAVE

A competición de chave será individual (non poden coincidir cos equipos de turra-soga e pano), e farase o calendario segundo o número de participantes.

A puntuación para o concurso da Aula+Sostíbel quedará como segue:

1º clasificado: 20 puntos
2º clasificado: 12 puntos
3º clasificado: 8 puntos

Por cada alumno que participe, a súa clase recibirá 1 punto.

PARA ANOTARSE, AVISAR A JUAN MANUEL VÁZQUEZ ANTES DO XOVES 3 DE MARZO (ESTE INCLUSIVE).

Ningún comentario:

Publicar un comentario