4.4.11

La tierra de las cuevas pintadas. Jean Auel


Trátase da sexta entrega da serie "Los Hijos  de la tierra ". Unha novela que nos introduce no mundo prehistórico a través da emocionante viaxe de Ayla pola Europa cuaternaria.
 Nesta serie de novelas Auel achéganos o xeito de vida prehistórico con grande rigor científico adornándoo cunha extraordinaria imaxinación. Preséntanos unha trama na que unha nena cromañón é adoptada por unha tribo neandertal  con toda a problemática que isto  leva . Como as diferenzas eran tan grandes e ante o perigo que corre comeza o percorrido por toda a Europa cuaternaria na busca dos seus iguais.
Para mergullarte neste fascinante mundo non dubides en vir a biblioteca e poderás ler calquera dos títulos da serie: El clan del oso cavernario , El valle de los caballos , Los cazadores de mamuts, Las llanuras  del tránsito, Los refugios de piedra ou a tan agardada La tierra de las cuevas pintadas.

Para máis información: 
http://www.loshijosdelatierra.com/ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario