Mar Cole, La última jungla. Ed. Oxford. Recomendado para + de 12 anos.
Unha adolescente e a súa nai brasileira, recentemente viúva, viaxan dende Nova York a Belén, unha pequena cidade de Brasil, pois a nai conseguiu un traballo alí. A rapaza está e non está convencida desa estanza que se pode prolongar máis dun ano. Alí coñecerá os nenos da noite, pequenos abandonados que viven na selva, protexidos por un sacerdote, e que tratan de escapar dun facendado que os explota nas súas minas de xeito escravista. A estanza en Belén supoñerá para a rapaza unha maduración na súa visión do mundo, un cambio na relación coa súa nai e a aceptación, en parte, da morte do pai.
24.10.11
La red social
Chegou á biblioteca un dos filmes que máis candidaturas tivo aos Oscar de 2010 (8 candidaturas) e que finalmente levou tres galardóns: Mellor guión, montaxe e banda sonora.
Non perdas a oportunidade de ver esta película que agora poñemos á túa disposición.
"The Social Network" narra a historia dos mozos fundadores da popular red social Facebook, especialmente do seu creador máis coñecido, Mark Zuckerberg. A Súa lenda reza: "Non se fan 500 millóns de amigos sen facer uns cantos inimigos."
Título orixinal: The social Network ( EEUU, 2010), dirixida por David Fincher.

21.10.11
Xenaro e a hucha do indiano
Xa temos aquí unha nova aventura de Xenaro. Xenaro e a hucha do indiano. Mar Guerra. Ed. Xerais.
A Xenaro Conese Maiúsculo complicanselle moito as cousas esta volta. Ademais de ter que se enfrontar cos irmáns Lourido, uns mangallóns disque malos malísimos, ten que aturar unha nena nova na súa clase, Sefi a madrileña. Por riba, o seu amigo da alma, Flipe Efes, compórtase dun xeito moi estraño, coma se agachase algún segredo. Resolver o misterio da Horta dos Reis seralle o de menos ao Xe nesta nova aventura, unha andanza onde nada é o que semella, nin sequera a hucha do indiano.

20.10.11
Cinco cuentos sobre Velázquez
Cinco cuentos sobre Velázquez, Oxford, 2010.
É un libro bastante interesante no que cinco autores habituais no campo da LIX crean cinco historias para cinco cadros de Velázquez. Nestas historias hai mestura de fantasía e realismo con algúns toques de misterio e aventuras. Nel podemos atopar contos de: Eliacer Cansino, Joan Manuel Gisbert, Xosé A. Neira Cruz, Daniel Nesquens e Xabier P. Docampo.

17.10.11
Chocolate amargo
Mirjam Pressler. Chocolate amargo. Anaya, 2009.
Chocolate amargo é a historia dunha adolescente cohibida co seu físico, sufocada por un pai autoritario, afastada dos seus compañeiros de instituto... Os problemas dunha rapaza de quince anos que, como moitas outras, está chea de inseguridades e medos, aos que debe enfrentarse con todas as súas forzas. Encontrarémonos cos pasos que a moza Eva dá na súa aprendizaxe cara á idade adulta, cara ao momento de aceptarse a si mesma como unha persoa con virtudes e defectos.

12.10.11
Donde aprenden a volar las gaviotas

Alcolea, Ana. Donde aprenden a volar las gaviotas. Ed. Anaya. Recomendado a partires de 12 anos.
Arturo pasa as súas vacacións de verán en Noruega co seu amigo Erik. A casa na que viven aséntase sobre os alicerces dun campo de concentración nazi da Segunda Guerra Mundial. Un día, mentres cavan un burato no xardín para plantar unha árbore, encontran unha caixa de metal, pechada a cal e canto. A investigación para coñecer o seu contido levará os mozos a unha afastada cabana no medio das montañas, a unha vella casa de pescadores na fría e agreste costa norte de Noruega, e ao pasado misterioso da enigmática avoa de Erik.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas» de Teresa González Costa, premio Merlín 2010
A filla do ladrón de bicicletas conta a historia dunha nena, Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas e que por diversas circunstancias vive coa súa tía, dona Perfecta. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.3.10.11
Pa negre
Xa podes dispor de Pa Negre de Agustí Villaronga, triunfadora dos Goya 2011 con nove galardóns entre eles ao mellor filme 2010 e candidata española aos Oscar. Baseada na novela homónima de Emili Teixidor, conta os duros anos da posguerra en Catalunya, Andreu, un neno que pertence ao bando dos perdedores, atopa un día no monte os cadáveres dun home e o seu fillo. As autoridades queren culpar ao seu pai pero el, para axudarlle, tenta descubrir quen os matou. Neste intento, prodúcese en Andreu o despertar dunha conciencia moral fronte a un mundo de adultos alimentado polas mentiras. Para sobrevivir, traizoa as súas propias raíces y acaba descubrindo ao monstro que habita nel.
Pan negro - Trailer por TrailersyEstrenos
Pan negro - Trailer por TrailersyEstrenos