24.10.11

La red social

Chegou á biblioteca un dos filmes  que máis candidaturas tivo aos Oscar de 2010 (8 candidaturas) e que finalmente levou tres galardóns: Mellor guión, montaxe e banda sonora.
 Non perdas a oportunidade de ver esta película que agora poñemos á túa disposición.
"The Social Network" narra a historia dos mozos fundadores da popular red social Facebook, especialmente do seu creador máis coñecido, Mark Zuckerberg. A Súa lenda reza: "Non se fan 500 millóns de amigos sen facer uns cantos inimigos."

Título orixinal: The social Network ( EEUU, 2010), dirixida por David Fincher.


Ningún comentario:

Publicar un comentario