5.3.12

El curioso incidente del perro a medianoche


Haddon, Mark.El curioso incidente del perro a medianoche.  Salamandra.


Aos seus quince anos, Christopher coñece as capitais de todos os países do mundo, pode explicar a teoría da relatividade e recitar os números primos ata o 7.507, pero cústalle relacionarse con outros seres humanos. Gústanlle as listas, os esquemas e a verdade, pero odia o amarelo, o marrón e o contacto físico. Se ben nunca foi só máis alá da tenda da esquina, a noite que o can dunha veciña aparece atravesado por unha  forcada, Christopher decide iniciar a busca do culpable. Emulando o seu admirado Sherlock Holmes -o modelo de detective obsesionado coa análise dos feitos-, as súas pescudas levarano a cuestionar o sentido común dos adultos que o rodean e a desvelar algúns segredos familiares que poñerán patas arriba o seu ordenado e seguro mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario