28.3.12

Lía e as zapatillas de deporte



          Reimóndez M. Lía e as zapatillas de deporte. Xerais + de 9 anos. 2008.


        As zapatillas de deporte de Lía son portadoras dunha historia triste. Noutro lado do mundo, nenos e nenas da súa mesma idade e cos pés descalzos, afánanse en meter zapatillas en caixas idénticas ás que ela recibiu o día de Reis. Lía e as zapatillas de deporte de María Reimóndez é unha novela, ilustrada por Iván Sende, que convida a reflexionar aos nenos e nenas sobre a súa responsabilidade en colaborar para facer un mundo máis xusto. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario