26.6.12

En defensa do ensino público

Campaña en defensa da Educación Pública- Yo Estudié en la Pública


24.6.12

Miss Ourense

Iglesias, B. Galaxia. Miss Ourense
Miss Ourense reúne catro relatos de corte detectivesco, todos eles desenvolvidos no Ourense dos últimos anos sesenta e protagonizados polo inspector de policía Gumersindo Nespereira. Luanda, A cruz de prata, O que enganan as iguanas e mais o relato que dá título a este volume son narracións áxiles e ben tramadas que, máis alá dos sucesos que as orixinan, nos deixan enxergar o tecido interno dun tempo de ocultacións e de silencios. O Ourense recreado neste libro esconde no seu interior, baixo a aparencia dunha cidade tranquila e provincial, ambicións de poder e pecados de cobiza ante as cales unha sociedade cómplice intenta pechar os ollos e aproveitar o que se poida, sen reparar demasiado nas inevitables vítimas. O inspector Nespereira, que é dono dun Dauphine e dun peculiar sentido do humor, sabe que as cousas sempre foron así e non vai intentar cambialas. Pero tampouco vai deixar que ninguén o tome por parvo.

22.6.12

Un nicho para Marilyn

Fernández, M. A. Un nicho para Marilyn. Galaxia. 2003. Premio de Novela Manuel García Barros, 2002

          Frank Soutelo, detective privado californiano de pais galegos, encárgase de investigar a desaparición do cadáver de Marilyn Monroe, co que está relacionada unha rede de necrofilia de "alto nivel". Miguel Anxo Fernández acerta cos seus diálogos faiscantes, coa ironía e cun tratamento novo e orixinal do mítico mundo do cinema.

19.6.12

Centauros do norte

Marcos Calveiro, Centauros do norte. Rodeira. 13 anos en diante.

          Rafael tiña dezaseis anos e non era un revolucionario, senón músico.  Mais o asasinato do seu pai e o seus desexo de vinganza levarano a cabalgar canda o xeneral  Pancho Villa, un vello filósofo, Longinos, e  unha moza india, Reina Huarte.
Con eles, e coa súa inseparable trompeta, percorrerá o estado de Chihuahua entre emboscadas, trens e disparos polo deserto baixo o obxectivo da cámara dun novo director americano, Raoul Walsh. 
Unha aventura que marcará a Rafael para sempre e  da que non coñeceremos o seu desenlace ata moito anos despois nun estudio de cine de Hollywood.
 

18.6.12

Barro de Medellín



Gómez Cerdá, A. Barro de Medellín. 2008. Ed. Edelvives (Col. Ala Delta). Il. Xan López Domínguez. Premio Ala Delta 2008. Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2009

       Para Camilo e Andrés os días transcorren vagabundeando polas rúas do seu barrio de Medellín, o mellor lugar do mundo, no que o enorme edificio da biblioteca destaca como un xigante de ladrillo. Camilo ten claro que, cando sexan maiores, dirixirán unha banda de ladróns. Pero Andrés non quere ser ladrón, aínda que ten claro que nunca se separará do seu amigo.

15.6.12

Os lobos de Moeche


         



Cráneo, M. Os lobos de Moeche . Demo editorial. 2009.

Para os amantes da banda deseñada galega e da historia medieval, aquí presentamos "Os Lobos de Moeche", unha maneira de achegarse de xeito entretido, a un episodio da idade media galega, o das revoltas irmandiñas, que serviu de precedente a nivel europeo nos sucesivos movementos sociais que derrocaron o feudalismo.

13.6.12

O espírito do cabaleiro

  O espírito do cabaleiro. Un libro de Cornelia Funke ilustrado por Friedrich Hechelmann e que foi traducido por María Xesús Bello Rivas.  Xerais. 2011
                Jon Whitcroft está a pasar por un mal momento. Súa nai e o seu novo mozo deciden envialo ao internado de Salisbury. Chuvias torrenciais, muros escuros, corredores estreitos, caras estrañas e un cuarto que terá que compartir con dous compañeiros de colexio. O que Jon non imaxina é que todo isto axiña se ha converter nun problema menor. Logo de seis noites no internado tres espíritos xorden de súpeto baixo a fiestra do seu cuarto. Mais, por sorte, hai unha persoa en Salisbury que sabe moito de pantasmas... Espíritos que ouvean na noite, valentes cabaleiros medievais, o espertar do amor. Unha historia de amizade nun internado. Un conto emocionante

10.6.12

Ensino público

Esta é a aportación dende a biblioteca en defensa do ensino público




7.6.12

Violencia de xénero

ELABORADO POR VICTOR DANIEL RODRIGUEZ ACOSTA DEL
GRUPO 403 DE TEC. EN INFORMATICA CECYTEM TECAMAC


6.6.12

Rincón de Haikus

Mario Benedetti, Rincón de Haikus.   (1999)


Libro que recolle os Haikus de Mario Benedetti. O haiku (xénero poético de orixen xaponés composto por 17 sílabas e ordenado en tres versos de 5, 7 y 5).


3.6.12

El nombre del viento

Patrick Rothfuss, El nombre del viento. Debolsillo (2011)
Por primeira vez Kvothe disponse a relatar a verdade sobre si mesmo. E para facelo ben, deberá empezar polo principio: a súa infancia nunha troupe de artistas itinerantes, os anos malvivindo como un rateiro nas rúas de unha gran cidade, e a súa chegada a unha universidade onde espera aprender unha maxia da que se fala nas historias Atípica, profunda e sincera, El nombre de viento é unha novela de aventuras de historias dentro doutras historias, de misterio, de amizade, de amor e de superación, escrita coa man dun poeta e que ten deslumbrado por a súa orixinalidade
e a mestría con que está narrada a todos os que a leron.