19.6.12

Centauros do norte

Marcos Calveiro, Centauros do norte. Rodeira. 13 anos en diante.

          Rafael tiña dezaseis anos e non era un revolucionario, senón músico.  Mais o asasinato do seu pai e o seus desexo de vinganza levarano a cabalgar canda o xeneral  Pancho Villa, un vello filósofo, Longinos, e  unha moza india, Reina Huarte.
Con eles, e coa súa inseparable trompeta, percorrerá o estado de Chihuahua entre emboscadas, trens e disparos polo deserto baixo o obxectivo da cámara dun novo director americano, Raoul Walsh. 
Unha aventura que marcará a Rafael para sempre e  da que non coñeceremos o seu desenlace ata moito anos despois nun estudio de cine de Hollywood.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario