30.9.12

Dinamarca-Suecia

    Despois de dous días sen ter noticias debido ás intensas xornadas que están a pasar todos os integrantes do intercambio e aos problemas con internet chéganos a crónica da viaxe que fixeron a Suecia acompañada con algunhas instantáneas para que vexades que todos están ben e a punto de retornar. Aquí vos deixo o enlace da páxina do Instituto en Hjorring.

Dinamarca-Suecia


O sábado  saímos as 5:45 da mañá dende Hjorring cara Frederiksshavn onde collemos o barco para  chegar a cidade sueca de Goteborg.

Foi unha preciosa viaxe nun enorme barco onde os rapaces o pasaron moi ben.

De Goteborg puidemos ver pouco pero deunos tempo de pasear polo barrio antigo, de ver o edificio da opera e de comparar o estilo de vida desta cidade, a segunda máis grande de Suecia, co estilo de Dinamarca e de España.

Regresamos ás 20:30 moi canso e dispostos a  aproveitar o pouco tempo que nos queda aquí.

O domingo e o día coas familias e xa cara a noite  xuntarémonos todos no Instituto para compartir as últimas horas en Hjorring e saír en autobús cara Copenhagen e coller o avión de volta a España.

A  viaxe de regreso contarémosvola en persoa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario