25.9.12

Recepción en Hjørring


   Aínda que un pouco retrousadas chegáronnos algunhas instantáneas da recepción que tivo o alumnado do noso centro en  Hjørring, o 24 de setembro ás 7:45 da noite, así como un pequeno comentario da xornada.







No instituto recibiunos a Directora e varios profesores e os alumnos que recibían aos nosos moi agarimosamente.Ceamos xuntos  a comida que prepararan os mesmos alumnos e compartimos animadamente o tempo todos xuntos.Antes dos postres, ensináronnos o centro e despois cada un fomos  coas nosas familias para  descansar porque moitos tivemos  que erguernos as 6:00 horas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario