20.9.12

Veña Carrabouxo

 Queremos comezar o novo curso con un pouco de Humor galego e para iso presentámosvos este libro que foi doado pola Deputación de Ourense.

Veña Carrabouxo é o título do máis recente libro que ten este popular personaxe coma protagonista. A obra, publicada pola Deputación de Ourense, recolle unha escolma de cadriños publicados entre 2001 e 2007 no xornal La Región. Segundo explica o seu autor, Xosé Lois, neste libro amósanse, a través dos ollos do Carrabouxo, feitos tan destacados coma a Guerra da Irak, a crise das vacas tolas ou a catástrofe do Prestige. Xosé Lois fálanos sobre o presente e futuro dun personaxe que fai parte indiscutible do humor galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario