6.11.13

La puerta de los tres cerrojos

La puerta de los tres cerrojos de Sonia Fernández Vidal.
Niko Mir, un rapaz solitario de catorce anos, non se imaxina as consecuencias que lle carrexará non seguir o camiño que cada día percorre para chegar ao instituto. Ao variar a súa ruta, descobre unha casa que nunca antes vira. Atraído polo misterio, internarase nela e verase inmerso nun estraño universo.
Dentro do Mundo Cuántico acontecen cousas sorprendentes, dende unha guerra entre a materia e a antimateria ata as desaparicións do gato de Schrödinger, pasando por un taller de reloxaría onde se pon a proba a relatividade do tempo.
Inmerso nesta aventura inesperada, Niko ten a misión de devolver o equilibrio, agora en perigo, entre o seu mundo e o universo cuántico que acaba de descubrir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario