27.1.14

Detectives na biblioteca

Aquí tedes as bases do novo concurso "Detectives na biblioteca" no que teredes que demostrar a vosa habiblidade na busca de información e o manexo dos libros da nosa biblioteca.
Detectives na biblioteca
Bases
O concurso consiste en contestar ás preguntas que se publicarán no blog da biblioteca e no taboleiro da mesma. Terá una duración de 12 semanas.
As preguntas publicaranse os luns e as respostas conterán o nome do equipo, número de pregunta e a resposta exacta desa semana, sen emendas nin faltas (será motivo de anulación). Terán que depositarse antes das 11:45 do venres desa semana, na furna que para tal efecto se colocará na Biblioteca. So se poderá entregar unha resposta por equipo participante, sendo causa de anulación da resposta desa semana a presentación de máis dunha ou a entrega da mesma fora de prazo.
Cada pregunta terá un valor de 10 puntos e cando a resposta sexa dobre valorarase con 5 puntos cada unha das contestacións correctas. As puntuacións serán publicadas semanalmente no taboleiro  e no blog da biblioteca.
Equipos
Para poder participar neste concurso formaranse equipos de 3 membros,un deles fará de capitán e será o representante do equipo ante calquera incidencia. Para formar parte dun equipo a única condición é estar matriculado no curso 2013-2014 neste instituto en calquera dos cursos ofertados.
Inscrición
Todos os equipos que queiran participar terán que presentar na biblioteca do centro o nome do equipo, o nome dos seus membros e o da persoa que actúe como capitán antes das 11:45 do día 7 de febreiro.
Calendario
A primeira pregunta será publicada o día 10 de febreiro. Non haberá concurso nas semanas de Entroido, Semana Santa nin a semana do 1 de maio.
Gañadores
Resultará gañador do concurso o equipo que ao remate do mesmo acumule máis puntos. No caso de empate lanzarase unha nova pregunta aos equipos empatados e será gañador aquel equipo que antes presente a resposta correcta na biblioteca.
Premios

Haberá un premio único para o equipo gañador que consistirá nun vale por valor de 60€ en material educativo máis un caderno da biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario