11.3.14

A nosa mellor portada

Dende a Biblioteca e coa colaboración de Axenda 21 poñemos un novo concurso en marcha. A finalidade deste concurso é a de escoller a portada máis atractiva de entre os libros da nosa biblioteca e a de fomentar a súa utilización. Dende aquí animámosvos a participar.

A MELLOR PORTADA DA  NOSA BIBLIOTECA

Na busca da portada do libro máis atractiva.


BASES:
1.-Poderá participar todo o alumnado do I.E.S. Lama das Quendas.
2.-Inscrición
            O/a delegado/a de cada curso que queira participar cubrirá na Biblioteca do centro , en horario de recreo,a ficha de inscrición que lle entregará o/a  profesor/a de garda na mesma.
            O prazo de inscrición será do 10 ao 14 de marzo.
3.-Fases
            O concurso consta de 3 fases:
            1ª FASE:  Desenvolverase nas dúas semanas que van do 17 ao 28 de marzo.
            Durante ese tempo , o alumnado de cada aula participante, baixo a coordinación do titor/a , escollerán a portada do libro que lles resulte máis atraínte na nosa biblioteca.
            Na aula someterán a votación  as propostas e as 3 portadas máis votadas serán as que representen á aula.
            Os alumnos /as que propuxeran esas tres portadas representativas  redactarán unha breve argumentación en defensa da “súa portada”.Este texto será tido en conta polo Equipo da Biblioteca para decidir o gañador/a en caso de empate.
            Antes do 29 de marzo  os delegados/as levarán  ,durante  os recreos , o listado  cos títulos dos libros cuxa portada foi elixida xunto co número de rexistro dos mesmos .
Recollidas as 3 mellores portadas de cada aula procederase á
2ª FASE:  Transcorrerá entre o 31 de marzo  e o 4 de abril.
Das portadas elixidas na 1º fase procederase á votación en cada Aula para escoller as 5 mellores portadas.
Cada alumno poderá votar por  unha das que lle presentan e así obterase unha clasificación en cada aula. Esta lista dos máis votados por aula deberá ser entregada na Biblioteca antes do 5 de abril polo delegado de cada clase.
Posteriormente computaranse os diferentes resultados das distintas aulas e así conseguiremos reducir a lista as  5 portadas máis votadas.

            3ª FASE:  desenvolverase entre o 7 e 11 de abril.

            Entre estas 5 portadas máis votadas farase a derradeira votación  que terá lugar na biblioteca .
            O alumnado que desexe votar recollerá a papeleta de votación  na Biblioteca do IES  durante os recreos  e depositaraa na furna destinada a tal efecto.
A votación pecharase ás 11:45 h do venres, 11 de abril de 2014.
            O alumno/a que tivera o bo gusto estético de propoñer a portada gañadora será obsequiado con un libro ou cómic  e con un caderno da biblioteca .
            A entrega do  premio realizarase o 24 de abril de 2014, na Biblioteca do IES Lama das Quendas para conmemorar a data do Día do Libro.

AULA MÁIS SOSTIBEL.:a  participación neste concurso, ademais , puntúa para  a  Aula + Sostíbel  do seguinte xeito:
1º clasificado: 100 puntos para a Aula + Sostíbel
                        2º clasificado: 75 puntos para a Aula + Sostíbel
                        3º  clasificado: 50 puntos para a Aula + Sostíbel
                        Cada Aula que participe  obterá 20 puntos para Aula + Sostíbel


Ningún comentario:

Publicar un comentario