5.5.14

10ª pregunta de "Detectives na Biblioteca"

 Achegándonos ao fin do concurso aquí tedes a 10ª pregunta:

   A residencia oficial da Familia Real española ten un salón no que se asinou a Acta de Adhesión de España ás Comunidades Europeas. O mesmo ano da sinatura gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil un prolífico autor. Este, no 1993, publica un libro no que aparecen como personaxes o maestro de Enigmas e Ismael.Entre estes teñen unha conversa, no capítulo titulado "Ante el fuego" na que formulan varias preguntas misteriosas.
            Unha destas preguntas trata sobre un home e unha muller que tardarán moito en atoparse.
            Copia literalmente a solución que claramente se da para esa tardanza e di a páxina na que se atopa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario