5.10.14

O club de lectura "A Quenda do libro" segue medrando

              O pasado venres, 3 de outubro, acudiron á súa primeira cita co club de lectura máis de trinta alumnos/as de 3º e 4º de ESO o que sumado ao alumnado de 1º e 2º, que se apuntaron o martes, permítenos acadar unha porcentaxe do 57% de todo o alumnado de ESO matriculado no centro e superar o centenar de membros. Seguimos medrando e agardamos seguilo facendo incorporando novos lectores nos días que faltan para a seguinte reunión.
              Xa están convocados os clubs de Adultos  e o de Profesorado nos que agardamos  a mesma participación que nos do alumnado.
              Estade atentos ao blog de "A Quenda do Libro" para coñecer o calendario de reunións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario