24.11.14

O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo

O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo de Jaureguizar. Xerais. (2014)

INFANTIL E XUVENIL>SOPA DE LIBROS>Un misterio para Tintimán

Os planos do século III que se usaron para construír a muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica. O misterioso Home da Máscara consegue facerse con eses documentos e Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido de Galicia, terá que recuperalos e desenmascarar o malvado. O delincuente está disposto a negociar: a cambio dos planos quere unha xoia castrexa, O carneiro alado, que Tintimán deberá roubar no Museo Provincial. Misterio, asasinatos e amor, nunha nova aventura de Tintimán, esta vez na cidade de Lugo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario