19.3.15

Últimos agasallos para o Día do Pai

As présas de última hora. Xa no Día do Pai os alumnos de 1º de ESO acudiron en masa á biblioteca para buscar un libro ou unha película que lle puideran levar. Máis abaixo tedes unha instantánea na que o alumnado busca os agasallos e outra na que posan con eles ben envoltos. Felicidades a todos os pais e que gocedes do detalle!


Ningún comentario:

Publicar un comentario