Na biblioteca do IES Lama das Quendas, durante o recreo, fíxose entrega dos premios do "Concurso de cartas de amor e poesía" (San Valentín 2016).
As gañadoras foron:
1º premio Sandra Caseiro.
2º premio Paula Constanza.
3º premio Sofía De Rogatis.
Noraboa ás gañadoras.
Este libro reúne cinco
relatos sobre a fraxilidade humana, sobre a vulnerabilidade que padecemos todas
as persoas.Suso, o protagonista do primeiro, «O ratiño negro», vive acurralado
polo medo e non pode deixarse vencer polo mal. Lorena, a do segundo, «O ratiño
branco», comprende que non nacemos co destino marcado e que a vida ten moito de
heroicidade. Amando, o do terceiro, «O gato negro», daría algo por ser como
Xoán Salvador Gaivota, alguén que se esforza en superarse e acadar a liberdade.
Estela, a de «Pavo real», aprenderá que a felicidade non depende da cantidade
de cousas que un teña. Rafael, o do derradeiro conto, «Gulag de galgos»,
descubrirá a certeza da frase de Gandhi: «A grandeza e o progreso moral dun
pobo poden ser xulgados pola maneira de tratar os seus animais.»Cinco relatos
nos que as formas da maldade poñen a proba os medios pacíficos para resistir e
superar a violencia e a intolerancia, mais que non chegan a apagar o facho que
nos proporciona azos para erguernos cada día na procura da felicidade. (Xerais)
Gunnar Huttunen rechaza la normalidad, la
mediocridad y la renuncia a los sueños. Cuando aparece en un pueblo de Laponia
y decide poner en funcionamiento el viejo molino, los campesinos del lugar lo
toman por un demente. Aunque, después, deberán rendirse a la evidencia del
éxito de la empresa. Pero aquel extravagante individuo, capaz de encantar a los
jóvenes del pueblo, revela un defecto que los hará reafirmarse en su primer
diagnóstico: en los momentos de tristeza, Gunnar aúlla. Los campesinos lo
encierran en un manicomio, pero nuestro héroe se batirá para defender su
libertad. Con una original forma de casar sentido del humor y relato de
aventuras, Paasilinna, un autor finlandés con millones de lectores en todo el
mundo, sabe dar vida a la naturaleza, narrar con delicado amor, enmascarar su
sátira corrosiva a la dificultad de distinguir entre quienes están enfermos y
los «normales». (Anagrama)