22.2.17

O Moredo

Este venres teremos, no salón de actos do centro, a proxección do documental dirixido por David Vázquez "O Moredo" A resistencia do entroido ribeirao.  Esta actividade, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, Equipo de dinamización da Lingua Galega e pola Biblioteca, pretende achegar ao alumnado de 3º e 4º  de ESO á celebración do entroido na zona da ribeira e afondar no coñecemento desta tradición.  Ao final da proxección haberá unha charla coloquio co director do documental.
Dende a Biblioteca queremos agradecer a David a  presenza neste acto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario