10.10.17

Adiante coas colaboracións na biblioteca!!

Trece é un número con moi mala reputación , pero a moit@s , que non  somos supersticios@s, parécenos un número coma outro. É máis , nesta ocasión gústanos moitísimo esta cantidade porque conta o número de rapazas e rapaces que este ano se apuntaron para colaborar na biblioteca do noso instituto.
Algunhas persoas  teñen anos de experiencia  nesta tarefa, outras son recén chegadas ao centro, pero todas están interesadas en  axudar @s compañeir@s e colaborar co profesorado nas distintas actividades que se realizan cada recreo dentro deste espazo no que ,durante este curso,  queremos que o alumnado aprenda a pensar, como reza o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia.
Tivemos coa rapazada unha reunión na semana pasada para explicar as tarefas e resolver dúbidas.((Faltaron algúns pero como xa son "veteranos" xa saben que facer).E xa empezaron as quendas o pasado venres e seguirán ata o remate do ano académico.
Dende o equipo da biblioteca queremos agradecer a disposición a colaborar , e o entusiasmo que detectamos neste grupo.Estamos seguros de que farán un gran traballo.
Grazas a tod@s el@s.




Ningún comentario:

Publicar un comentario