24.10.17

Día das Bibliotecas 2017


Hoxe é o Día da Biblioteca. Ese lugar cheo de libros que conteñen  historias  que nos fan vivir outras vidas, poemas que nos fan sentir , pezas teatrais que nos fan gozar… Un lugar do que , o equipo da biblioteca do Lama das Quendas, intenta  facer  un espazo vivo de lecturas , convivencia, ocio, formación , estudio para @s usuari@s. É este un sitio no que paga a pena estar para involucrarnos e  emocionarnos.
Para festexar esta data, durante toda  esta semana, en colaboración co Club de lectura A Quenda do Libro organizamos  o tradicional mercadiño de libros para mercar ou levar prestados exemplares que outros compañeir@s deixaron. Longa vida aos libros!

Vivamos na biblioteca!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario