24.1.18

Encontro dos nosos lectores con María Solar



O vindeiro 30 de xaneiro, no IES Lama das Quendas, recibiremos a visita de María Solar autora de varias novelas entre as que destacamos as seguintes que foron lidas recentemente  polo noso alumnado:   Las brujas de la Reina Lupa, Los niños de la viruela / Os nenos da varíolaO meu pesadelo favorito, As horas roubadas.
O alumnado de 1º e 2º de ESO, 2º PMAR e 1º de Bacharelato terán ocasión de escoitar as palabras desta escritora e xornalista  e a posibilidade de formularlle preguntas relacionadas coa escrita e as súas obras no tempo que dure  o encontro que está programado entre as 9:35h e as 11.15h do próximo martes.
Dende a biblioteca do centro colaboramos cos departamentos de Lengua Castellana e Lingua Galega , nesta ocasión, para achegar  os autores á nosa rapazada, traballando a prol do fomento da lectura

Ningún comentario:

Publicar un comentario