5.4.18

FUNGOS DE YUGGOTH. POEMAS IMPÍOS

FUNGOS DE YUGGOTH. POEMAS IMPÍOS de H.P. LOVECRAFT. Urco-Gótica.(2011)

BIBLIOTECA LOVECRAFT 6. 

En Leng, onde os picos rochosos se erguen agrestes e espidos
baixo estrelas frías vedadas á visión humana,
atravesa a escuridade un só feixe de luz
cuxos distantes raios fan murmurar rezos aos pastores.
Contan, aínda que ninguén estivo alí, que vén
dun faro sobre unha torre de pedra,
onde o último dos Anciáns vive en soidade,
falando co Caos co bater de tambores.
A Cousa, murmuran, leva unha máscara de seda
amarela, cuxos estraños pregues semellan ocultar
un rostro que non é deste mundo, aínda que ninguén pregunta
cales son eses trazos que sobresaen tras eles.
Moitos, na primeira infancia da humanidade,
dirixíronse a esa luz,
mais o que atoparon, ninguén o saberá nunca.Poema XXVII – O Faro do Ancián

Ningún comentario:

Publicar un comentario