2.5.18

A Librería Lello ( Porto)

Os libros non só viven nas bibliotecas como a de Ushuaia (Arxentina) ou Trömso (Noruega) que vos amosamos en entradas anteriores, tamén viven nas librerías , por exemplo nesta tan próxima a nós,no veciño Portugal; a Livraria Lello . Está situada no centro histórico da cidade de Porto  nun edificio representativo do neogótico portugués. Foi fundada no 1869 e , hoxe, resultaravos familiar porque J.K.Rowling , que viviu moitos anos en Porto, probablemente se baseara nela para crear a librería das novelas de Harry Potter.
 
Ao entrar vemos andeis de xiz que imitan madeira labrada e, no medio do local, unha impresionante escaleira central que serpentea  e se bifurca para subir á segunda planta. No teito unha vidrieira en tons azuis enche de luz a librería.

É un fermoso lugar no que podes pasar unha tarde sabendo que estás nun espazo emblemático.
Se vas a Porto é unha visita obrigada, iso si, tras facer a cola correspondente e mercar a entrada.
Mentres, contempla as fotos que de alí trouxemos.   
           

Ningún comentario:

Publicar un comentario